Publicacións

xoves 20 de xullo de 2017

Nun documento elaborado por Xaquín Álvarez e Marta Oviedo

Propoñen catro liñas de actuación para a mellora económica dos concellos

Marta Oviedo, unha das autoras do texto, e Alberto Vaquero, co-director de Localis, durante a presentación A Rede Localis, xestionada desde o Grupo de Investigación Gen (Governance and Economics Research Network) da Universidade de Vigo, presentou este xoves un novo documento de análise, titulado Os problemas orzamentarios das entidades locais: ingresos e gastos. Elaborado por Xaquín Álvarez e Marta Oviedo, nel abórdanse “catro dos grandes problemas orzamentarios das entidades locais e as súas posibles liñas de mellora: financiamento, estabilidade orzamentaria, a regra de gasto e estrutura orzamentaria ríxida”.

martes 11 de xullo de 2017

As investigadoras de Bitraga editan un libro que retrata a nivel nacional o sector da tradución

As autoras lamentan a práctica desaparición das axudas estatais e analizan a incidencia no sector das feiras

Ã�urea Fernandez, Ana Luna, Iolanda Galanes e Silvia Montero, investigadoras do grupo Bitraga “Coñecer a actividade tradutora dun país permite achegarse mellor a súa cultura e, neste senso, a tendencia en España non é diferente doutros países: traducimos sobre todo novela contemporánea, tanto para público adulto como infantil”, explica a profesora Ana Luna, investigadora principal do grupo Bitraga (responsable de idear e alimentar o Catálogo da Tradución Galega desde 2004) e editora, xunto as profesoras Iolanda Galanes, Silvia Montero e Áurea Fernández do libro La tradución literaria. Nuevas investigaciones, un volume colectivo de máis de 350 páxinas no que se fai un pormenorizado retrato do sector da tradución literaria en España no período 1980-2015.
Aínda que as editoras levan anos traballando na tradución literaria galega, nesta ocasión quixeron indagar sobre a tradución noutros espazos do Estado español e para logralo acudiron a especialistas doutras comunidades.

xoves 6 de xullo de 2017

Segundo conclúe un libro de Luis Espada e Víctor M. Martínez, publicado polo Consello Social

Preto do 97% dos titulados residía en Galicia e máis do 30% no municipio de Vigo

Martínez, Espada, Mato e Pedrosa A Universidade de Vigo titulou durante o seu primeiro cuarto de século de existencia (1990-2015) un total de 71.487 persoas e emitiu 82.330 títulos, ao completar máis de 9700 persoas varias titulacións. Así se reflicte no libro 71.487 persoas tituladas da Universidade de Vigo (1990-2015). Evolución da oferta académica, elaborado polo catedrático emérito Luis Espada e o analista de datos o Observatorio de Egresados da Universidade de Vigo, Víctor Manuel Martínez. O volume, publicado polo Consello Social, foi presentado este mediodía polos autores, nun acto no que o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, incidiron na importancia de contar cun traballo que achega un radiografía precisa do que é a institución, ao tempo que fortalece a relación coas súas egresadas e egresados.

mércores 5 de xullo de 2017

O profesor Alberto Pena afonda seu novo libro no papel xogado pola ditadura lusa na Guerra Civil

O volume completa traballos previos sobre a colaboración do Estado Novo co franquismo

O profesor Alberto Pena O papel xogado pola prensa, a nivel nacional e internacional, para captar adeptos ou desmoralizar o inimigo, o “uso pioneiro da radio e do cinema dun xeito estratéxico, con producións específicas dirixidas a diferentes públicos e en varios idiomas” son exemplos de como a Guerra Civil española “marcou o devir histórico” como un “campo de experimentación propagandística”, sostén o investigador Alberto Pena. Un ámbito no que o exército franquista tivo como grande aliado á ditadura portuguesa de Salazar, cuxo papel no conflito español constitúe unha das liñas centrais de investigación deste profesor de CCSS e da Comunicación. Unha liña de traballo que ten como culminación Salazar y Franco. La alianza del fascismo ibérico contra la España Republicana, libro no que con novas achegas e documentos, ofrece unha ampla análise do papel xogado pola prensa e a diplomacia portuguesa no conflito español.

venres 30 de xuño de 2017

O profesor de BBAA Alberto Ruiz de Samaniego reflexiona sobre o camiñar e o fuxir no seu novo libro

En diferentes ensaios, aborda cuestións como a necesidade de distanciarse de pensadores e artistas

O profesor de Belas Artes Alberto Ruiz de Samaniego “A necesidade de dar resposta a cuestións que afectan directamente a existencia: onde vivir, como vivir, onde crear e como” constitúe, como salienta o profesor de Belas Artes Alberto Ruiz de Samaniego, o xerme inicial de Cuerpos a la deriva, libro no que propón unha reflexión acerca de camiñar, vagar, pecharse nunha estancia ou distanciarse da sociedade e sobre como estas accións foron abordadas por artistas e pensadores. “Todos somos en definitiva corpos á deriva que ao longo da nosa vida buscamos restablecer a significación e unha certa estrutura de sentido en medio da erosión continua do devir”, salienta este profesor.

mércores 28 de xuño de 2017

Na actualidade estuda cuarto curso do Grao en Xeografía e Historia

Na presentación o autor destacou o “dinamismo” e a “fácil lectura” da súa primeira obra literaria

O campus de Ourense acolleu este m Un inspector do Departamento de Homicidios da Policía de Chicago -alcólico, mullereiro e perseguido pola morte do seu mellor amigo e compañeiro- enfróntase á posición idealista e positiva da súa compañeira que se acaba de licenciar, imposta polos altos cargos da Xefatura de Policía. Mentres tanto, a aparición do cadáver dun irlandés coa cara cortada sacará á luz unha guerra entre dúas faccións cuxo choque parece non beneficiar a ninguén, pero si ameaza a relativa tranquilidade da Cidade do Vento. Con este argumento presentouse este mércores no campus de Ourense Mafia: venganza en Chicago, unha novela de Álex Garrido, alumno de Historia.

mércores 21 de xuño de 2017

Amelia Verdejo publica unha obra sobre a necesidade de visibilizar o xénero feminino nesta disciplina

A publicación fai fincapé nas figuras femininas máis relevantes da historia

Amelia Verdejo, autora do libro Emilie Breteuil, Mery Sommerville, María Gaetana Agnesi, Emmy Noether, Sofía Kovalesky, Ada Byron e Hipatia de Alejandría son algunhas das mulleres que fixeron importantes contribucións no campo das matemáticas ao longo da historia. Aínda que na súa meirande parte estas científicas seguen a ser descoñecidas para o gran público polo mero feito de pertencer ao xénero feminino, figuras como Hipatia e Ada Byron xa se fixeron un oco no imaxinario colectivo. As súas biografías e a de moitas outras mulleres relevantes nesta disciplina aparecen recollidas no libro Mujeres matemáticas: las grandes desconocidas, escrito por Amelia Verdejo, profesora da área de Análise Matemática da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, que ten como obxectivo dar visibilidade ao seu talento.

xoves 8 de xuño de 2017

A entidade vén de facer público os datos do barómetro Baexga do primeiro trimestre

Na metade dos indicadores iguala os datos do conxunto do estado

A entidade vén de facer público os datos do barómetro Baexga do primeiro trimestre. Imaxe: Foro Económico de Galicia O Barómetro Exportador de Galicia (Baexga) para o primeiro trimestre do ano “pon de manifesto que Galicia acompaña ao conxunto da economía española no seu excelente desempeño exportador, tanto en volume exportado como en incorporación de novas empresas exportadoras”. O Foro Económico de Galicia, liderado desde o campus de Ourense polo grupo de investigación Gen, Governance and Economics Research Network, vén de facer público os últimos datos do barómetro, que realizan investigadores da entidade.

venres 2 de xuño de 2017

Con esta publicación Manuel Isorna quere contrarrestar a desinformación arredor desta droga

A marihuana é a substancia psicoactiva máis popular no mundo

Manuel Isorna vén de publicar un libro dedicado a esta droga Unha publicación que quere ofrecer información sistemática e sinxela sobre o cánnabis, desde a súa historia e características ata os seus efectos e a prevención do seu consumo. Con este obxectivo, Manuel Isorna, profesor na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, vén de publicar o manual Cánnabis: efectos, riscos e beneficios terapéuticos. A través de 256 páxinas, este doutor en psicoloxía intenta “tocar todos os temas” relacionados coa droga máis consumida no mundo coa finaliade de contribuír a contrarrestar “a gran desinformación que hai creada ao seu redor”.

martes 30 de maio de 2017

Cinco profesores editan un libro para axudar no estudo dos números ao alumnado de ciencias

Manuel Besada, Carmen Quinteiro, Javier García, Miguel Mirás e Carmen Vázquez Baixo a premisa de contribuír á mellora da formación do alumnado nunha disciplina indispensable para o coñecemento científico tecnolóxico, cinco profesores do Departamento de Matemáticas da Universidade veñen de publicar un libro de axuda para as e os estudantes da rama de ciencias. O obxectivo do manual, que leva por título Un mar de matemáticas e está editado polo Servicio de Publicacións da Universidade, é claro: achegar o estudo dos números a aquelas persoas que non senten paixón pola disciplina. Quen o adquira atopará un manual de introdución á álxebra tradicional, ao cálculo diferencial e integral en varias variables e ás ecuacións diferenciais.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal