Comezo > Inicio
25 de novembro de 2017

Nun congreso internacional que se celebra en Catoira, con máis de 270 asistentes

Trátase dunha droga que máis do 35% da poboación galega de entre 15 e 65 anos afirma ter consumido

 O auditorio de Catoira acolle o I Congreso Internacional sobre Cannabis

Responder, desde o rigor científico aos “mitos e crenzas” asociados á substancia ilegal máis consumida no mundo, o cannabis, é o propósito central do congreso internacional que reúne en Catoira preto de 50 especialistas dos ámbitos sanitario, educativo e social. Promovido por este concello e a Consellería de Sanidade, coa colaboración do grupo de investigación PS1 e da Vicerreitoría do campus, o I Congreso Internacional sobre Cannabis e os seus derivados, busca pór de relevo as consecuencias negativas do consumo desta substancia, así como contribuír a “un labor preventivo e asistencial”, segundo salienta o profesor Manuel Isorna, director dun congreso que conta con máis 270 asistentes. 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal