Institucional

xoves 11 de xaneiro de 2018

A Unidade de Igualdade presenta o seu almanaque para o 2018

Doce meses para visibilizar os proxectos de investigación “que parten dunha epistemoloxía feminista”

Cada páxina dá a coñecer os grupos que traballan dende unha perspectiva de xénero

Cada páxina da a coñecer traballos de grupos de investigación con perspectiva de xénero

Precursoras da ciencia, referentes da historia, pioneiras no eido universitario, artistas galegas contemporáneas, en definitiva, mulleres salientables nos seus eidos de traballo veñen protagonizando o calendario que a Unidade de Igualdade edita cada ano. Pero para este 2018 os nomes propios de muller deixan paso aos equipos e grupos da Universidade de Vigo que apostan pola perspectiva de xénero no seus estudos e proxectos. O obxectivo é, segundo Anabel González Penín, responsable da unidade, “recoñecer o labor de todo o persoal docente e investigador que, con compromiso non só investigador senón tamén persoal, se dedica aos estudos de xénero e feminismo para avanzar no seu carácter científico e na importancia que estes estudos teñen para transformar a sociedade e acadar maior igualdade”.

mércores 10 de xaneiro de 2018

A Universidade acadou entre 2015 e 2017 intercambios con oito países ao abeiro da acción K107

Tres anos e máis de 170 mobilidades extracomunitarias concedidas

China, Cabo Verde, os Balcáns e Exipto, destinos e orixe do alumnado, PDI e PAS

O estudante de doutoramento  Alberto Gutíerrez durante a súa estadía en China

“A experiencia, ademais do seu contido académico, que é importante, ten unha compoñente de aprendizaxe persoal, que non depende do prestixio da universidade de destino, nin do desenvolvido que sexa o país, senón do feito de aprender a vivir por conta propia en países tan diferentes, coñecer culturas novas, aprender linguas…”. Alberto Gutiérrez Barral é un alumno de doutoramento do programa Do*Mar Marine Science, Tecnology and Management, que como outros estudantes e persoal docente, investigador e de administración e servizos da Universidade de Vigo participou na acción estratéxica KA107 do programa de mobilidade internacional Erasmus+. 

xoves 28 de decembro de 2017

Cun calendario editado pola Área de Normalización Lingüística e ilustrado por Kiko da Silva

2018 chega na Universidade cargado de retranca contra os prexuízos cara ao galego

Salustiano Mato destaca o humor gráfico como “un dos mellores vehículos para potenciar o idioma”

Detalle da páxina correspondente ao mes de xaneiro de 2018

A piques de despedir o 2017 a Universidade de Vigo dálle a benvida a 2018 co lanzamento dun novo calendario editado pola Área de Normalización Lingüística e ilustrado nesta ocasión polo artista pontevedrés Kiko da Silva. A idea é seguir a estela iniciada en 2017 co traballo do debuxante Luis Davila, que acadou cifras históricas de impacto en redes sociais, e continuar coa loita contra os prexuízos cara ao galego botando man do humor gráfico, unha ferramenta á que o reitor Salustiano Mato se refire como “un dos mellores vehículos para potenciar o noso idioma, do que nos sentimos tremendamente orgullosos” e tamén para “ridiculizar os múltiples snobismos que seguen a existir a día de hoxe arredor do seu uso”, insistiu Mato, quen aproveitou para agradecer a “inestimable axuda” de Luis Davila e Kiko da Silva para levar a cabo este proxecto.

mércores 27 de decembro de 2017

As contas foron aprobadas por unanimidade no pleno celebrado na Casa das Campás

O Consello Social ratifica o orzamento da Universidade para 2018

Cun incremento do 4,31% respecto do actual, trátase do máis elevado desde 2011

Os e as integrantes do Consello Social reuníronse este mércores na Casa das Campás

Trala presentación das súas liñas básicas no Claustro e a súa aprobación polo Consello de Goberno, o orzamento da Universidade de Vigo para 2018 foi aprobado de xeito definitivo no pleno do Consello Social celebrado este mércores na Casa das Campás. Cun incremento do 4,37% respecto do actual, o orzamento da institución académica ascenderá en 2018 aos 172,5 millóns de euros, o máis elevado desde 2011, grazas ás estimacións realizadas da contribución do programa Horizonte 2020, que achega novos fondos para o financiamento de proxectos de investigación. A “capacidade de consecución de ingresos” da institución académica foi un dos aspectos salientados das contas ratificadas por unanimidade.

venres 22 de decembro de 2017

martes 19 de decembro de 2017

Supón un incremento dun 4,37% respecto do actual e é o máis elevado desde 2011

O Consello de Goberno aproba un orzamento de 172,5 millóns de euros para o ano 2018

Na derradeira sesión do ano tamén se aprobaron os premios extraordinarios do curso 16/17

Os orzamentos aprobáronse con 27 votos a favor, dous en contra e tres abstencións

A Universidade de Vigo contará para o ano 2018 cun orzamento de 172.552.088 euros, trala súa aprobación este mediodía por 27 votos a favor, tres en contra de dúas abstencións, na derradeira sesión de Consello de Goberno do ano 2017. Á espera do do visto e prace do Consello Social, na reunión que este órgano celebrará o vindeiro día 27 en Pontevedra, os orzamentos aprobados hoxe, son os máis elevados desde o ano 2011 e superan nun 4,37% aos deste ano. O vicerreitor de Economía e Planificación foi o encargado de debullar ante os membros do Consello de Goberno o proxecto de orzamentos no que, un ano máis, o capítulo de persoal acapara a principal partida de gasto, con case un 60% do total.

martes 19 de decembro de 2017

Cunha nova convocatoria de axudas dirixida á organización de actividades docentes

20.000 euros cos que seguir espallando a cultura da igualdade de xénero entre as novas xeracións

O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o vindeiro 8 de xaneiro

Imaxe das xornadas 'Videogamificación e sexualidades' celebradas a finais de novembro en Ourense

Xornadas, conferencias, mesas redondas, ligas de debate, exposicións, ciclos de cine, concursos, talleres de lectura... o único requisito é que sexan actividades que promovan a perspectiva de xénero e que estean dirixidas ao alumnado de calquera área de coñecemento da Universidade de Vigo. A Unidade de Igualdade acaba de facer pública a convocatoria do ano 2018 das axudas para a organización de actividades docentes que promovan a igualdade de xénero, dirixidas a todo o corpo docente e que poden solicitarse ata o vindeiro 8 de xaneiro.

venres 15 de decembro de 2017

O proxecto de especialización foi un dos eixos da sesión celebrada na Casa das Campás

O Consello de Campus afonda na consolidación do proxecto Crea S2i

Reitor e vicerreitor fixeron balance das diferentes iniciativas levadas a cabo ao longo de 2017

A sesión celebrada este venres fixo balance de 2017

A posta en marcha do programa de doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sustentable, coas súas 20 prazas cubertas, o inicio en 2018 das obras de reforma da sede da Xunta en Benito Corbal, onde se emprazará a sede corporativa do Campus Crea S2i, ou a consecución do proxecto europeo Lapassion. Estes foron algúns dos fitos que levaron ao reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, a pór de relevo “que o proxecto de especialización do campus de Pontevedra estase consolidando”, na sesión do Consello de Campus celebrada este venres na Casa das Campás. 

xoves 14 de decembro de 2017

Para que a comunidade universitaria o empregue como lugar de entrega das súas compras por internet

O campus estrea un Citypaq, punto de entrega de paquetería de Correos

Situado no centro comercial, permite a recollida de envíos no día e hora que elixa o usuario

A delegada comercial de Correos en Vigo, Laura Veleiro e o xefe de sector de Distribución de Correos en Vigo, José Rivero e o vicerreitor de Economía, José Manuel García

Co auxe do comercio electrónico é cada vez máis habitual o envío de paquetería aos fogares e aos lugares de traballo. Pero cinguirse ao día e á hora de entrega que marca o servizo de mensaxería pode ser complicado polos quefaceres diarios. Ante isto, Correos apostou pola posta en marcha dos Citypaq, unha serie de puntos de entrega de paquetería que, dende este xoves, están tamén presentes no campus de Vigo. Trátase dun servizo para a entrega e recollida de paquetería, que permitirá que a comunidade universitaria reciba neste dispositivo os envíos das súas compras en liña no día e hora que elixan, sen necesidade de estar pendentes de horarios nin datas de entrega.

xoves 14 de decembro de 2017

No marco deste proxecto, complétase a implantación de gas natural nas diferentes facultades e escolas

Pontevedra, un Green Campus cada día máis sostible

A substitución do gasóleo por este combustible permite reducir nun 20% as emisións de CO2 á atmosfera

O campus de Pontevedra completou a implantación do gas natural nos seus diferentes centros

O impulso de medidas que promovan a sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente é un dos compromisos que Pontevedra adquiriu co proxecto Green Campus, que o levou a converterse, en novembro de 2015, no primeiro campus de España coa bandeira verde coa que a Foundation for Environmental Education recoñece o seu labor en materia de educación e xestión ambiental. No marco dese proxecto e dese compromiso, a Vicerreitoría iniciou no curso 2015/2016 o proceso de substitución do gasóleo polo gas natural como combustible a empregar nas calefaccións das diferentes facultades e escolas, proceso que na mañá deste xoves vén de completarse coa súa entrada en funcionamento na EE Forestal. 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal