Hemeroteca

Entradas da axenda para venres 1 de decembro de 2017

venres 1 de decembro de 2017

A través dun concurso dirixido a realizar unha intervención artística no vestíbulo da escola

Belas Artes alumeará con “luz fractal” a EE de Telecomunicación

A alumna Laura Antelo é a gañadora dun certame que busca dotar de "nova personalidade" a este espazo

Fotomontaxe da intervención proposta por Antelo

Un feixe de luz que, por mor da refracción, percorre o espazo cunha traxectoria xeométrica presidirá a partir de finais deste curso o vestíbulo da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Trátase de Luz fractal, o proxecto de intervención artística co que a estudante de Belas Artes Laura Antelo resultou gañadora do concurso que a escola do campus vigués e a facultade pontevedresa impulsaron co propósito de dotar dunha “nova personalidade” ao recibidor da escola, como salienta o seu director, Íñigo Cuiñas. 

venres 1 de decembro de 2017

A cuarta andaina universitaria deste curso terá lugar o sábado 2 de decembro

Un magosto para celebrar a última ruta cultural de 2017

80 persoas procedentes dos tres campus participarán na actividade

A cuarta andaina universitaria deste curso terá lugar o sábado 2 de decembro

A programación de rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo pecha este sábado, 2 de decembro, a actividade correspondente a 2017 celebrando o seu xa tradicional magosto. 80 persoas procedentes dos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense participarán nunha andaina que os levará pola contorna da cidade das Burgas antes de rematar na Área Recreativa de Loñoá celebrando esta tradicional festa ourensá.  

venres 1 de decembro de 2017

Realizados por equipos mixtos de estudantes de Enxeñería Industrial e Ciencias Xurídicas e do Traballo

Prevención de incendios, xestión do transporte, hortas urbanas e servizos deportivos centran o IX Congreso de Traballos Colaborativos

Baseándose na metodoloxía ‘Desing Thinking’ 144 alumnos e alumnas deseñaron 21 proxectos

Presentación do proxecto para extinción de lume mediante bolas extinguidoras

O impacto da vaga de incendios do pasado mes de outubro chegou tamén ao Congreso de Traballos Colaborativos, unha iniciativa de docentes da Escola de Enxeñería Industrial que aposta pola metodoloxía Desing Thinking para que estudantes de diferentes titulacións realicen e presenten proxectos conxuntos. Na presentación dos traballos realizados neste primeiro cuadrimestre por 144 estudantes dos diferentes graos de Enxeñería Industrial e de Ciencias Xurídicas e do Traballo a prevención e control dos lumes foi unha das temáticas dominantes, xunto coa xestión do tráfico e do aparcamento e a creación de horas urbanas.

venres 1 de decembro de 2017

TalkAACtive fusiona dúas liñas de traballo do Grupo de Tecnoloxías da Información

Unha aplicación para mellorar a expresión das persoas con autismo no ámbito laboral, premiada por Indra e Fundación Universia

Máis de 70 grupos de investigación de universidades españolas concorreron á convocatoria

Silvia García, Milagros Fernández, Jonathan Juncal e Enrique Costa

Dotar ás persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) na contorna laboral, dunha aplicación que lles permita practicar e autoavaliar a súa fala e escritura mediante pictogramas, grazas a un sistema de xeración de linguaxe natural, é o obxectivo de TalkAACtive, unha App deseñada polo Grupo de Tecnoloxías da Información do Centro de investigación AtlantTIC da Universidade de Vigo, seleccionada na II Convocatoria de axudas a proxectos de investigación aplicada ao desenvolvemento de Tecnoloxías Accesibles, lanzada pola empresa Indra e a Fundación Universia. TalkAACtive, ao igual que os dous outros proxectos seleccionados na convocatoria, recibirá 24.000 euros para o seu desenvolvemento.

venres 1 de decembro de 2017

Entregáronse este venres na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

A Cátedra Deloitte de Ciberseguridade recoñece sete traballos na primeira edición dos seus premios

En setembro comezará a impartirse o Máster en Ciberseguridade, único en Galicia

Foto de familia dos alumnos premiados

A piques de cumprirse un ano da súa creación a Cátedra Deloitte de Ciberseguridade da Universidade de Vigo recoñeceu este venres os mellores traballos realizados polo alumnado universitario e que xiran arredor dun tema que gaña protagonismo a medida que progresa o imparable avance da tecnoloxía: a seguridade en internet. Entregaron un total de sete premios aos mellores traballos defendidos ao longo de todo o ano, ás mellores propostas para pórse mans á obra e a cousas propias do lanzamento dunha nova iniciativa: creación dun logo e o deseño dunha páxina web para a cátedra.

venres 1 de decembro de 2017

40 estudantes visitaron nesta xornada Ciencias Sociais e da Comunicación

O alumnado do CEE Príncipe Felipe achégase ao outro lado da pantalla

As actividades propostas leváronos ao plató de televisión e ao estudio de gravación

Estudantes e docentes do CEE Príncipe Felipe, xunto a García

Achegar ao alumnado do Centro de Educación Especial Príncipe Felipe algúns dos elementos que, do outro lado da pantalla, se utilizan para a construción de relatos foi o eixo dunha das actividades propostas ao grupo de 40 estudantes que este venres visitaron Ciencias Sociais e da Comunicación. “É a primeira vez que vimos e parécenos interesante que vexan un pouco todo o que se fai por detrás na televisión”, salientaba Sara Parada, unha das docentes que acompañou a este grupo de 40 mozos e mozas, que, guiados polo vicedecano Oswaldo García, participaron nunha visita “baseada no concepto de relato”. 

venres 1 de decembro de 2017

Nesta ocasión a entidade encargada de desenvolvelo é Ado

Dúas persoas benefícianse dunha nova edición do programa de integración laboral e discapacidade

Os seleccionados están nas conserxerías da biblioteca e do pavillón de deportes

Nesta ocasión a entidade encargada de desenvolvelo é Ado

“Promover a integración das persoas con discapacidade na sociedade e conseguir que adquiran unha experiencia no desenvolvemento de determinadas tarefas profesionais de cara a lograr a súa progresiva integración no mercado laboral e alcanzar así graos de autonomía e independencia persoal”. Con este obxectivo, a Universidade de Vigo vén de asinar un convenio coa Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense Ado para o desenvolvemento dun Programa de Integración Laboral de Persoas con Discapacidade.

venres 1 de decembro de 2017

Universidade e Crossfit Turoqua organizan este evento benéfico, que terá lugar o 17 de decembro

O III Crossfit Solidario doará a súa recadación á Fundación Meniños

Tamén se recollerán alimentos non perecedoiros, roupa e xoguetes

O evento presentouse nesta xornada no Concello

Definida pola combinación nun circuíto dunha ampla serie de exercicios de resistencia, forza ouhabilidade, o crossfit é unha modalidade deportiva de crecente popularidade que o vindeiro domingo 17 de decembro amosará a súa faciana máis solidaria no Pavillón Universitario. Por terceiro ano, a Área de Benestar, Saúde e Deporte e Turoqua promoven, coa colaboración do Concello, un Crossfit Solidario, aberto á participación dun máximo de 50 persoas, que neste 2017 sumará á doazón de alimentos non perecedoiros, roupa e xoguetes, unha cota de inscrición de 10 euros por parella.

venres 1 de decembro de 2017

O catedrático da UB ofreceu un relatorio da Facultade de CC Economicas e Empresariais

Cinco propostas do economista Antón Costas para construír un novo contrato social en España

Considera que o país debe reconciliar economía de mercado, progreso e democracia plural

Antón Costas é catedrático de Política Económica da UB

España é un país sen contrato social que se enfronta ao reto de volver a reconciliar economía de mercado, progreso e democracia plural. Arredor destas ideas, desenvolveuse a conferencia que o catedrático de Política Económica e presidente do Observatorio de Análise de Políticas Públicas da Universitat de Barcelona, Antón Costas, ofreceu este mediodía na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, onde debullou o contido do seu último libro El final del desconcierto. Un nuevo contrato social para que España funcione (Península, 2017).

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal