II Congreso Euroamericano de Dereito e Política

Data : 17 de abril de 2018

Hora: 09.45 h

Lugar: sala Emilia Pardo Bazán, soto do Edificio de Ferro - Campus de Ourense

Asisten: Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; Guillermo Suárez, director académico do congreso por parte da Universidade de Vigo; Gilvan Luiz Hansen, director académico do congreso pola Universidade Federal Fluminense; Manuel Doval, deputado provincial de Cultura, e Roberto Castro, subdelegado do Goberno en Ourense

O campus de Ourense acolle do 17 ao 19 de abril o II Congreso Euroamericano de Dereito e Política, organizado pola Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo en co-organización co Programa de Pós-Graduação em Justiça Administrativa da Universidade Federal Fluminense de Río de Janeiro, en Brasil. Nesta segunda edición, a cita, que conta con arredor de 150 inscritos e inscritas, vincularase ao proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, centrando o seu interese no desenvolvemento sostible.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal