Concerto 'Ensaiamos Colleita 2018'

Data : 17 de abril de 2018

Hora: 17.30 h

Lugar: Teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria - Campus de Vigo

A Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais puxo en marcha en 2006 o programa Ensaiamos, co obxectivo de ofrecerlle aos grupos emerxentes da comunidade universitaria un local de ensaio e parte do equipo de son. Esta iniciativa compleméntase coa celebración do Festival Ensaiamos, un concerto no que se dan cita os grupos universitarios que tomaron parte do programa de ensaios durante este curso 2017/2018.

Nesta ocasión subirán ao escenario Cool Cucumbers, Undef, Lendas do Alén, Spleen e Malboro Tigers.

A entrada é libre ata completar o aforo.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal