Fase galega da XIII Olimpíada Española de Bioloxía

Data : 12 de xaneiro de 2018

Hora: 09.30 h

Lugar: Edificio de Ciencias Experimentais - Campus de Vigo

O campus de Vigo acolle a fase galega da XIII Olimpíada de Bioloxía, na que participan estudantes de Bacharelato de centros de ensino de toda Galicia. Enfrontaranse a unha proba teórica (10.45 h) e outra práctica (12.30 h), e os seus docentes asistirán tamén a unha serie de relatorios impartidos polos profesores da Universidade de Vigo David Posada, Luis Navarro e Alberto Velando.

O acto de clausura e entrega de diplomas terá lugar ás 18.00 h. 
 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal