Acto de inauguración do edificio Cacti-Cinbio Dra. Olimpia Valencia López

Data : 5 de decembro de 2017

Hora: 12.30 h

Lugar: edificio Cacti-Cinbio, rúa Fonte das Abelleiras s/n - Campus de Vigo

Asisten: Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo; Carmen Vela, secretaria de Estado de I+D+i; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Jesús Vázquez, conselleiro de Sanidade

Acto de inauguración do edificio Cacti-Cinbio Doutora Olimpia Valencia López, que alberga o Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (Cacti) e o Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) ademais do Servizo de Bioexperimentación da Universidade de Vigo. O inmoble, deseñado polo arquitecto Alfonso Penela, ocupa unha superficie de 14.000 m², que alberga laboratorios específicos para grupos de investigación, así como salas de uso común e zonas sociais e de estudo. 

O acto de inauguración comezará coa lectura do tótem sobre Olimpia Valencia, que dá nome ao edificio e o descubrimento dunha placa conmemorativa. Unha vez finalizadas as intervencións do reitor, a secretaria de Estado de I+d+i e dos conselleiros, desenvolverase unha visita ás instalacións.  

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal