Inauguración das II Xornadas Internacionais José Saramago

Data : 4 de decembro de 2017

Hora: 10.00 h

Lugar: Casa das Campás - Campus de Pontevedra

Asisten: Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do campus de Pontevedra; Silvia García, decana da Facultade de Belas Artes, e Burghard Baltrusch, director da Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo

A Casa das Campás acolle a inauguración das II Xornadas Internacionais José Saramago, que baixo o título Saramago nos 300 anos do Convento: Comunicación, Arte e Política, desenvólvense os días 4 e 5 de decembro no campus de Pontevedra. Dirixidas a promover o estudo e a difusión da obra e do pensamento do Nobel portugués, a segunda edición destas xornadas dedicará unha atención especial ao tricentenario do Convento de Mafra, no que se inspira a novela Memorial do Convento. Once conferencias e comunicacións integran o programa dunhas xornadas que se completan coa exposición dos traballos de animación e videoxogos feitos polo alumnado do campus inspirándose en diferentes obras do director luso e unha representación teatral.

Tralo acto inaugural, a actividade abrirase coa conferencia A nova historia do Memorial do Convento, da investigadora da Universidade de Coimbra Ana Paula Arnaut, nunha xornada na que a Casa das Campás acollerá, ás 16.15 horas, unha visita guiada á exposición de videoxogos realizados polo alumnado a partires do libro A viaxe do elefante.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal