Acto académico de Santa Bárbara 2017

Data : 4 de decembro de 2017

Hora: 12.00 h

Lugar: salón de graos da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía - Campus de Vigo

Asisten: Natalia Caparrini, directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e Juan José Iglesias, decano delegado en Galicia do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste

A Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía acolle as actividades do último día de celebración de Santa Bárbara 2017. O programa iníciase coa conferencia de Celso Penche, enxeñeiro de Minas e membro de Atalaya Mining, que ten como título Proyecto Touro e, ademais, preséntase o novo vídeo promocional da escola. Seguidamente, intervirá o decano delegado en Galicia do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, Juan José Iglesias e, por último, entréganse os premios ao mellor expediente da II promoción do mestrado universitario en Enxeñaría de Minas. 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal