Semana da Ciencia no Cinbio

Data : 16 de novembro de 2017

Hora: 09.45 h

Lugar: Cinbio - Campus de Vigo

Co gallo da Semana da Ciencia o alumnado do CEIP Javier Sensat de Vigo terá a oportunidade este 16 de novembro de realizar unha visita ao Cinbio, onde verán traballar ás e aos investigadores, que lles darán unha pequena charla sobre o traballo que desenvolven.

Vestidos con batas, as e os rapaces poderán facer prácticas en ámbitos como histoloxía, neurofisioloxía, citometría ou inmunoloxía, así como visualizar en microscopios e facer vídeos.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal