martes 12 de decembro de 2017

No marco dunha serie de concentracións impulsadas como traballos para unha materia

Estudantes de CCSS e da Comunicación mobilízanse polo transporte público

Duvi | Pontevedra

As “insuficiencias do servizo de transporte público” que afectan ao alumnado do campus ou a suba das peaxes na AP-9 foron algúns dos motivos centrais da concentración que este mediodía protagonizaron ás portas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, un grupo de estudante do grao en Publicidade e Relacións Públicas. Como parte dun traballo sobre mobilización social para a materia Técnicas de propaganda política, este grupo de estudantes decidiu centrarse “nun tema que nos afecta directamente”, como este luns fixera tamén outro grupo desta materia, que promoveu unha mobilización en contra da “precariedade do sistema educativo” que, sinalaban, afecta tanto a docentes como a estudantes. Previamente, outro grupo promovera unha concentración para reclamar a III República e a finais de novembro un cuarto grupo de estudantes organizou, diante de Ciencias da Educación e do Deporte, unha mobilización contra a violencia machista.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal