Publicacións

luns 13 de novembro de 2017

Un libro recolle os programas realizados polo grupo GIES-10 con persoas con cancro ou autismo

Coordinado pola profesora Margarita Pino, o volume pon o acento nos métodos de avaliación das actividades

Investigadoras e investigadores do grupo GIES10. De pé, Portela, Bouzo, Fernández, García, Reguera e Giráldez. Sentados, López Castedo, Pino e Gutiérrez

Programas que promoven un uso terapéutico do teatro con vítimas da violencia machista e persoas con problemas de saúde mental, proxectos de intervención que empregan a expresión corporal con mulleres con cancro e a ximnasia para mellorar habilidades sociais, xunto con programas educativos que empregan a actividade física con nenos con necesidades de apoio educativo, a equitación con persoas con autismo e a hixiene postural con traballadores. Estes sete exemplos das liñas de investigación e intervención desenvolvidas polas investigadoras e investigadores do grupo GIES-10, de Ciencias da Educación e do Deporte, recóllense no libro Diseño y evaluación de programas educativos en el ámbito social.

xoves 2 de novembro de 2017

Un libro coordinado por Jesús de Juana e Julio Prada aborda o papel da muller neste período en Galicia

As investigacións que recolle abranguen desde as vítimas da represión á prostitución

Un libro coordinado por Jesús de Juana e Julio Prada aborda o papel da muller neste período

Pola súa participación política, pola súa condición de nai ou muller de “esquerdistas”, por formar parte da rede de axuda aos fuxidos, por reproducir no fogar o modelo ideal do réxime de “nai e esposa”, por formar parte tamén da “orde moral” do franquismo exercendo a prostitución... No golpe militar de 1936, na Guerra Civil e no franquismo, son moitas as frontes nas que a muller xogou, dun xeito ou doutro, un papel propio. No libro Nuevas perspectivas en el estudio de la mujer durante el franquismo, un grupo de oito historiadores e historiadoras, encabezados polos profesores da Universidade de Vigo Julio Prada e Jesús de Juana, mergúllanse nese período para visibilizar a historia das mulleres no franquismo. 

mércores 25 de outubro de 2017

Unha monografía feita por María Victoria Carballo-Calero afonda na súa vida e obra

No marco da homenaxe feita este ano pola Real Academia Galega de Belas Artes

Unha monografía feita por María Victoria Carballo-Calero afonda na súa vida e obra Unha viaxe de principio a fin, un percorrido a través da vida e da obra de Maruja Mallo. Deste xeito presenta María Victoria Carballo-Calero, catedrática emérita de Historia da Arte Contemporánea da Universidade de Vigo, o seu último traballo que vén de saír do prelo. Co gallo da dedicación do Día das Artes Galegas 2017 á artista nada en Viveiro en 1902, a historiadora do campus de Ourense foi a encargada de debuxar para o público xeral o perfil dunha creadora “rompedora e vangardista” nun libro que vén de ser editado pola Deputación Provincial de Lugo.

xoves 19 de outubro de 2017

O profesor Manuel Ojea presentou un libro sobre o procesamento perceptivo e cognitivo deste colectivo

Nel realiza unha abordaxe desta problemática desde un punto de vista teórico

O profesor Manuel Ojea presentou un libro sobre o procesamento perceptivo e cognitivo deste colectivo. Na imaxe con Manuel Fernández As persoas con trastorno do espectro autista (TEA), explica o profesor da Universidade de Vigo Manuel Ojea, presentan “limitacións en relación ao proceso de percibir, seleccionar, procesar, codificar e recuperar a información procedente do medio, o que inflúe no proceso de adquisición dun nivel perceptivo axeitado sobre a identidade persoal e autoconcepto así como nos diferentes niveis de autonomía e capacidades de resposta”. Abordando esta cuestión, no seu último libro, presentado este xoves no campus de Ourense, o doutor en Psicopedagoxía afondou no marco teórico do procesamento perceptivo-cognitivo neste colectivo mediante a creación de redes semánticas.

luns 16 de outubro de 2017

Trátase da publicación 'Enthalpy and internal energy: liquids, solutions and vapours'

Jacobo Troncoso e Claudio Cerdeiriña achegan estudos sobre diferentes aspectos dos líquidos

Jacobo Troncoso e Claudio Cerdeiriña achegan estudos sobre diferentes aspectos de líquidos A Royal Society of Chemistry, sociedade científica do Reino Unido referente no eido das ciencias químicas, vén de publicar o libro Enthalpy and internal energy: liquids, solutions and vapours. Nel, recóllense artigos de científicos e científicas de 14 países sobre propiedades enerxéticas de líquidos, disolucións e gases co obxectivo de ser a publicación de cabeceira para alumnado, persoal investigador e calquera persoa involucrada neste campo de interese. Dous dos 23 capítulos do libro contan coa autoría de profesores da Universidade de Vigo, concretamente dos físicos Jacobo Troncoso e Claudio A. Cerdeiriña.

mércores 11 de outubro de 2017

María López edita unha publicación sobre a instauración da monarquía borbónica

A obra culmina un proxecto de investigación sobre o poder no Antigo Réxime

María López é a coordinadora da publicación e do proxecto estatal no que nace Galicia y la instauración de la monarquía borbónica. Poder, élites y dinámica política. Con este título preséntase unha publicación, coordinada desde a Facultade de Historia do campus de Ourense pola profesora titular de Historia Moderna María López, que recolle as achegas dun nutrido grupo de especialistas de diferentes disciplinas e universidades co obxectivo de botar luz sobre a historia do antigo Réxime en Galicia. Concretamente, no libro analízanse as consecuencias que tivo a chegada ao trono no ano 1700 do primeiro rei da casa dos Borbóns, Felipe V, que se mantivo no poder durante 45 anos, converténdose no reinado máis prolongado na historia de España.

xoves 5 de outubro de 2017

Tras facerse público o seu achado o pasado mes de xullo

O autor estivo acompañado por Francisco Domínguez e Pepe Carreiro

Un intre da presentación nas instalacións da Fundación Penzol Tras facerse público o pasado mes de xullo, esta semana presentouse en sociedade Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas o libro escrito polo profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución José Antonio Fernández Salgado e que recolle a edición e estudo dun novo texto en galego do século XVIII do que se descoñecía a súa existencia, atopado polo propio autor nos fondos da Fundación Penzol. A presentación levouse a cabo nas instalacións da fundación e nela participaron ademais do autor, Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol, e Pepe Carreiro, editor de Edicións Laiovento.

mércores 20 de setembro de 2017

Presentou na Facultade de Filoloxía e Tradución o libro ‘Ser Modou Modou’

O salón de graos do centro quedou pequeno para acoller a todas as persoas interesadas en escoitalo

Cheikh Fay Día a día, como pequenas pingueiras que non deixan de caer, chegan á sociedade española noticias sobre os miles de inmigrantes que cada ano poñen as súas vidas en risco para chegar a Europa, pero poucas veces se ten a ocasión de escoitar en primeira persoa a historia particular dalgún deles: o porqué da súa fuxida, as penurias da viaxe, as principais dificultades da chegada, o proceso de integración... A comunidade universitaria tivo hoxe a oportunidade de facelo da man de Cheikh Fayé, un senegalés que leva 14 anos en Galicia e que acaba de publicar o libro Ser Modou Modou.

mércores 13 de setembro de 2017

A Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego 'Cómaros' publica un novo número

O docente de Ciencias da Educación David Casado é un dos seus directores

A Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego 'Cómaros' publica un novo número Casares e Curros, entre a lembranza e a historia. Con este título preséntanse un novo número da Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego Cómaros. A publicación, de carácter electrónico e potenciada desde a Universidade de Vigo, amplía os seus contidos abrindo sendas seccións dedicadas aos escritores e escritoras homenaxeadas no Día das Letras Galegas, neste 2017 Carlos Casares, e á recuperación de textos relevantes na historia do pensamento galego. A dirección de Cómaros corre a cargo de David Casado, profesor da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense.

mércores 26 de xullo de 2017

As publicacións están destinadas a estudantes e a profesionais da organización industrial

Un céntrase na xestión de produción e outro no deseño de envases e embalaxes

A e os autores das dúas publicacións Froito de anos de investigación e reflexión sobre a eficiencia da cadea de subministro, tamén denominada sistema loxístico, as e os investigadores do Grupo de Ingeniería de Organización (GIO) publican dous novos libros, que se centran principalmente na xestión de produción e no deseño de envases e embalaxes. O primeiro, escrito por Jesús G. Arca, Arturo J. Fernández e José Carlos Prado, titúlase Manual de gestión productiva e o segundo manual, da man de Jesús G. Arca, A. Trinidad González-Portela e José Carlos Prado, titúlase La mejora en la eficiencia y sostenibilidad de la cadena de suministro mediante el diseño del envase y el embalaje.

Seguinte | Última

1 de 37

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal