Investigación

venres 20 de abril de 2018

A EE Forestal acolle o vindeiro venres 27 o Atlantic Geospatial Day

Unha xornada afondará no campus nas aplicacións da tecnoloxía xeoespacial no sector forestal

O uso de drones e tecnoloxías láser e as misións Sentinel da ESA centran o programa

 A EE Forestal acolle o vindeiro venres 27 o Atlantic Geospatial Day

Servir como punto de encontro entre desenvolvedores, usuarios e empresas do sector da tecnoloxía xeoespacial é o propósito co que, en 2016, naceu o Atlantic Geospatial Day, unha iniciativa impulsada polo mestrado en Xeoinformática, e que tras celebrar as súas primeiras edicións na EE de Telecomunicación, trasládase o vindeiro venres 27 á Escola de Enxeñaría Forestal. “Este ano orientamos a xornada a un ámbito no que as tecnoloxías xeoespaciais pensamos que poden ter moito percorrido, como é todo o que ten que ver coas ciencias da terra, os recursos naturais e a ordenación do territorio”.

xoves 19 de abril de 2018

Especialistas e profesionais do sector literario reúnense no Pazo da Cultura nun foro internacional

Un congreso pon en valor a investigación como o motor para levar a literatura á infancia

Con 125 inscritos e inscritas, céntrase na figura mediadora que selecciona e achega os produtos literarios aos nenos

Especialistas e profesionais do sector literario reúnense no Pazo da Cultura nun foro internacional

“Na base do achegamento da infancia á literatura, as lecturas das que nós lles proveamos van determinar o seu futuro como lectores ou lectoras competentes”, salienta a profesora Isabel Mociño, coordinadora, xunto coa tamén docente da Universidade de Vigo Eulalia Agrelo e a coordinadora do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, Eva Mejuto, do I Congreso Internacional de Mediación Lectora, que desde este xoves se desenvolve no Pazo da Cultura. Faino poñendo o foco na importancia da investigación como a chave que achegará unha “formación sólida” aos mediadores e mediadoras, as figuras responsables de proporcionar e recomendar lecturas a nenas e nenos.

xoves 19 de abril de 2018

Un equipo da Ecimat traballa neste tema baixo o amparo do proxecto europeo Assemble+

A criopreservación podería supor toda unha revolución para a acuicultura

Investigan con especies que non se empregaron nunca neste tipo de experimentos: o mexillón e a ameixa

Equipo de criopreservación Foto: Pablo Heres

A criopreservación é a día de hoxe unha das técnicas máis aceptadas e con máis proxección de futuro para o mantemento a longo prazo de material biolóxico a temperaturas moi baixas, brindando a posibilidade de desconxelalo, e lograr que sobreviva aos procesos de conxelación e desconxelación. A aplicación destas técnicas de conservación de organismos podería ter límites insospeitados, sobre todo no futuro, tamén no campo da acuicultura, onde a súa aplicación podería supor toda unha revolución. Así o defende o equipo de especialistas que, liderados pola investigadora Estefanía Paredes, traballa desde a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat, na investigación de protocolos de criopreservación.

xoves 19 de abril de 2018

A actividade desenvolverase os días 4 e 5 de maio na Facultade de Historia do campus

Un simposio internacional de arqueoloxía medieval afondará no proxecto do Castelo de Malpaso

O Geaat ten realizado dúas campañas de estudo deste enclave do Concello de Allariz

A actividade desenvolverase os días 4 e 5 de maio na Facultade de Historia do campus

A principios do ano 2016, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio Geaat, da Universidade de Vigo, puxo en marcha o Proxecto Sancti Salvatoris co obxectivo de estudar e valorizar un xacemento altomedieval situado nas inmediacións da aldea de San Salvador dos Penedos, en Allariz, e coñecido como Castelo de Mouresiños ou Castelo do Malpaso. Tras dúas campañas de traballo nel, os días 4 e 5 de maio a Facultade de Historia do campus de Ourense acollerá un Simposio Internacional de Arqueoloxía Medieval que permitirá dar a coñecer este traballo e avanzar coas achegas de diferentes expertas e expertos.

martes 17 de abril de 2018

As aplicacións abren liñas de aproveitamento para administracións públicas e empresas

As universidades de Vigo e Oviedo patentan drones para detectar minas antipersoa e medir emisións electromagnéticas de antenas

As aplicacións abren liñas de aproveitamento para administracións públicas e empresas

Sistema radar embarcado no drone patentado

Froito da colaboración que comezaron hai un par de anos, pero que se remonta seis máis atrás, as universidades de Vigo e Oviedo patentaron drones coa finalidade de detectar minas antipersoas e medir emisións electromagnéticas de antenas. O catedrático Antonio García Pino e os investigadores Borja González-Valdés e Yolanda Rodríguez Vaqueiro do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións do centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo e os seus homólogos do grupo de Teoría de la Señal y Comunicaciones de la Universidad de Oviedo.

martes 17 de abril de 2018

A cita celébrase desde este martes e ata o xoves no campus

O II Congreso Euroamericano de Dereito e Política arranca con máis dun centenar de comunicacións presentadas

Está coorganizado entre as universidades de Vigo e a Fluminense de Río de Janeiro

A cita celébrase desde este martes e ata o xoves no campus

Desde este martes e ata o xoves, o campus de Ourense acolle a celebración da segunda edición do Congreso Euroamericano de Dereito e Política, coorganizado pola Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo e o Programa de Pós-Graduação em Justiça Administrativa da Universidade Federal Fluminense de Río de Janeiro, en Brasil. A cita cumpre o seu segundo ano superando o centenar de comunicacións e a asistencia de arredor de 150 persoas, medio centenar procedentes da outra beira do Atlántico. Nesta ocasión, o evento centra o seu interese no desenvolvemento sostible, tendo en conta o proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga. 

luns 16 de abril de 2018

Un grupo de docentes de Ciencias Empresariais e Turismo investiga neste eido

Analizan como a información e as certificacións inflúen na percepción que o consumidor ten do viño

Os primeiros datos recollidos apuntan a que se está disposto a pagar máis cando se ten información sobre o produto

Un grupo de docentes de Ciencias Empresariais e Turismo investiga neste eido

Investigadores e investigadoras da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense están a realizar un estudo sobre o efecto da información e as certificacións na percepción que o consumidor ten da calidade do viño. Na investigación, aínda en desenvolvemento, participaron xa arredor de 400 membros da comunidade universitaria ourensá na súa fase experimental. Os primeiros datos recollidos apuntan a que as e os participantes están dispostos a pagar máis cando teñen información previa sobre o produto.

venres 13 de abril de 2018

O director da EE Forestal, Juan Picos, participa na reunión dun proxecto europeo sobre perigos naturais

As zonas queimadas son “máis sensibles a sufrir un novo e máis intenso incendio pasados uns anos”

O investigador abordou no encontro do proxecto 'Net Risk Work' a problemática dos lumes no noroeste peninsular

Juan Picos, durante a súa conferencia nesta reunión de traballo

Incendios forestais, tormentas, inundacións e avalanchas de neve. Estes son os catro focos de análise da segunda reunión de traballo sobre xestión de perigos naturais do proxecto Net Risk Work, fundado polo EU Civil Protection Mechanism que desde este mércores se celebra en Cerdeña. Especialistas na materia e responsables de diferentes servizos de emerxencias participan nestes días nun workshop ao que o director da Escola de Enxeñaría Forestal, Juan Picos, foi convidado para falar da problemática social que implican os lumes forestais no noroeste da península.

venres 13 de abril de 2018

DOMAR suma sete universidades galegas e portuguesas, ademais do CSIC e IEO

O programa de doutoramento de Campus do Mar refórzase coa incorporación da Universidade de Porto

Desde o seu inicio, no curso 2012-2013, o programa superou os 200 estudantes

Desde o seu inicio no curso 2012-2013 o programa superou os 200 estudantes

Seis anos tiveron que pasar para que a incorporación da Universidade de Porto ao programa de doutoramento de Campus do Mar se fixese realidade. DOMAR, o programa de doutoramento in Marine Science, Technology and Management, arrancou en 2012 e, aínda que ao longo destes anos as universidades e centros de investigación que o impulsan mantiveron unha estreita colaboración coa institución académica pública máis grande de Portugal, non foi ata hai uns días que a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego, Acsug, verificaba a entrada de Porto no programa de doutoramento de Campus do Mar.

xoves 12 de abril de 2018

A investigación foi realizada desde a Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense

Un estudo amosa a eficacia terapéutica da auga mineromedicinal das Burgas en pacientes con fibromialxia

As súas autoras destacan que se trata do primeiro traballo científico deste tipo

A investigación foi realizada desde a Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense

Este xoves as investigadoras da Escola Universitaria de Enfermaría do campus de Ourense Natalia Calvo e Reyes Pérez presentaron no Concello de Ourense o estudo Eficacia das augas mineromedicinais en pacientes con fibromialxia. Estudo As Burgas. Nel, salientan, constátase “a eficacia terapéutica” das augas desta piscina termal con estes pacientes. Recalcando como se trata do primeiro traballo científico que avalía esta eficacia, as autoras da investigación destacan entre os seus resultados como “se observa unha melloría importante da sintomatoloxía nestes pacientes e que estes efectos beneficiosos mantéñense máis de seis meses despois de finalizar os baños”.  

Seguinte | Última

1 de 252

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal