Institucional

xoves 26 de abril de 2018

Coa intervención de bombeiros, Policía Local e Nacional, 061 e Protección Civil

Filoloxía e Tradución enfróntase a un simulacro de incendio

O lume orixinouse no pavillón central e provocou feridas a dúas persoas

Os servizos sanitarios cos feridos

Pasadas as 11.30 horas da mañá saltaban as alarmas de incendios na Facultade de Filoloxía e Tradución e poñíase en marcha o plan de emerxencias e evacuación do centro. Por sorte non se trataba dun suceso real, senón dun simulacro para poñer a proba a resposta da comunidade universitaria, coordinado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais. Nun primeiro momento acudiron o xefe de intervención e o director da emerxencia, que se atopaba dando clase nunha aula, pero presentouse de inmediato de igual xeito que as directoras de emerxencia.

mércores 25 de abril de 2018

A súa candidatura obtivo 39 votos a favor e 14 en contra na votación celebrada en Xunta de Facultade

Vicente Romo, reelixido decano de Ciencias da Educación e do Deporte

Entre os obxectivos para o mandado, salientou a obtención da certificación do sistema de calidade do centro

Os integrantes do novo equipo decanal Esther Martínez, Mercedes Varela, Óscar García, Vicente Romo, Uxío Pérez e Ezequiel Rey

O profesor do Departamento de Didácticas Especiais Vicente Romo continuará tres anos máis á fronte da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, despois de que a súa candidatura, a única presentada no proceso electoral aberto no centro, recibise o apoio do 72% dos e das integrantes da Xunta de Facultade presentes na votación celebrada este xoves. Con 39 votos a favor, 14 en contra e un en branco, Romo, que permanece á fronte da dirección desta facultade desde maio de 2015, estará acompañado neste mandato por tres integrantes do anterior equipo, Esther Martínez, Ezequiel Rey e Uxío Pérez, xunto cos docentes Mercedes Varela e Óscar García.

martes 24 de abril de 2018

As 54 vacantes rexístranse nos sectores PDI-A con 32 e Estudantes con 22

O novo Claustro estará integrado por 197 membros

Fisioterapia e a EU de Estudos Empresarias, sen representantes do PDI-A e Estudantes

Un intre das votacións celebradas onte

Un total de 197 representantes dos sectores PDI-A, PDI-B, Estudantes e PAS integrarán o novo Claustro da Universidade de Vigo. Destas 197 persoas, ás que sumarán o novo reitor, o secretario xeral e a ou o xerente, 114 foron elixidas nas últimas horas nas urnas e proclamadas provisionalmente e outras 83 proceden de centros dos tres campus nos que non foi preciso realizar eleccións, ao haber menos candidatas e candidatos que claustrais a elixir. Tanto o PAS e o PDI-B cubriron todas as prazas que lles corresponden no máximo órgano de representación e control da comunidade universitaria.

martes 24 de abril de 2018

Salustiano Mato e Mª Teresa Fernández de la Vega rubricaron o acordo este martes

A Universidade asina un convenio coa Fundación Mulleres por África que traerá a Vigo a estudantes de posgrao africanas

O reitor en funcións felicitou ao seu sucesor, Pachi Reigosa, e desexoulle "a mellor das sortes"

Mª Teresa Fernández de la Vega e Salustiano Mato tras a sinatura do acordo

A presidenta da Fundación Mulleres por África, FMxA, e exvicepresidenta do Goberno Mª Teresa Fernández de la Vega, e o reitor en funcións da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron este martes dous convenios de colaboración que facilitarán a chegada a Vigo de estudantes africanas para realizar nesta institución académica os seus estudos de posgrao. É a primeira medida dun acordo xeral que ten por obxecto contribuír a mellorar o desenvolvemento de África e realizar esforzos conxuntos para o deseño e implementación de proxectos e programas destinados a potenciar o empoderamento das mulleres africanas a través de programas de formación, educación, comunicación, emprendemento, ciencia e investigación.

luns 23 de abril de 2018

O candidato de H2040 acadou o apoio maioritario entre todos os sectores

Pachi Reigosa é elixido reitor da Universidade de Vigo con máis do 57% dos votos

Pola súa banda, Emilio Fernández recibiu a confianza do 42% da comunidade universitaria

Pachi Reigosa acompañado por parte do seu equipo tras coñecer os resultados

Aínda que non foi ata pasadas as 22.00 horas cando se finalizou o escrutinio de todos os votos emitidos ao longo da xornada electoral, un total de 4477, eran pouco máis das 20:30 horas cando o candidato de H2040, Pachi Reigosa, valoraba a súa elección como sexto reitor da Universidade de Vigo. Tras un reconto no que en todo momento se situou por diante do candidato de Ideas que suman, Emilio Fernández, o catedrático de Fisioloxía Vexetal acadou o 57% dos votos, fronte o 42% do seu rival. “Entendo este resultado non tanto como un refrendo persoal cara o noso equipo, senón como un anhelo de cambio de rumbo dentro da Universidade e estou realmente satisfeito porque todos os sectores nos teñan apoiado e apostasen por nós como esa ferramenta do cambio”, asegurou Reigosa.

luns 23 de abril de 2018

Os candidatos a reitor chaman á participación da comunidade universitaria

Voto a voto, a Universidade máis preto de elixir novo reitor e Claustro

As mesas pecharán ás 19.00 horas e o escrutinio coñecerase en tempo real

Xornada electoral na EE Industrial

Ás 10.00 horas abrían as 24 mesas electorais nas que, os máis de 20.200 integrantes da comunidade universitaria con dereito a voto, poden exercer o seu dereito para elixir a quen será o sexto reitor da Universidade de Vigo, así como o novo Claustro. A falta de sobres para o PAS rexistrada nun centro e que foi arranxada coa reposición dos mesmos antes do inicio da votación, foi a única incidencia que se produciu ata o momento nunha xornada electoral que se prolongará ata as 19.00 horas. A partir de aí procederase ao reconto e ponderación dos votos, un proceso que poderá seguirse en tempo real a través dunha aplicación á que se pode acceder na páxina web especialmente desenvolvida pola Universidade para este proceso electoral.

venres 20 de abril de 2018

A Universidade comezará a implantar dúas titulacións en inglés no curso 2018/19

Vigo defende o seu modelo de acreditación lingüística do profesorado ante o sistema universitario español

Nas Xornadas da CRUE dedicadas a Internacionalización e Cooperación

A vicerreitora de Estudantes presentou modelo de acreditación da institución académica viguesa para o profesorado que desexa impartir as súas materias en inglés

A vicerreitora de Estudantes da Universidade de Vigo e coordinadora do Documento marco de política lingüística para a internacionalización do sistema universitario español, Dolores González, presentou nas últimas horas nas Xornadas da Conferencia de Reitores das Universidades Española dedicada á Internacionalización e Cooperación, o modelo de acreditación da institución académica viguesa para o profesorado que desexa impartir as súas materias en inglés.

xoves 19 de abril de 2018

Tras doce días, a campaña electoral remata e dá paso mañá á xornada de reflexión

Os candidatos a reitor pechan campaña pedindo apoio para “deseñar a universidade do futuro” e “para gobernar doutro xeito”

Emilio Fernández e Pachi Reigosa sinalan o diálogo como principal demanda da comunidade universitaria

Emilio Fernández e Pachi Reigosa

O proceso electoral para a elección de quen será o sexto reitor da Universidade de Vigo entra na súa recta final co remate hoxe da campaña electoral, que se prolongou durante as dúas últimas semanas. Mañá venres será xornada de reflexión e trala fin de semana, o luns, celebrarase unha votación á que están chamados un total de 20.269 integrantes da comunidade universitaria que poderán elixir, ademais das e dos integrantes dun novo Claustro, o reitor que ocupará o cargo durante os catro próximos anos. Emilio Fernández e Pachi Reigosa, acompañados por algunhas e algúns integrantes dos seus equipo de goberno, fixeron estes xoves balance do traballo desenvolvido nas últimas semanas e aproveitaron para pedir o voto daqueles membros da comunidade universitaria que aínda no se decantaron por apoiar a Ideas que suman ou a H2040.

mércores 18 de abril de 2018

Emilio Fernández e Pachi Reigosa debateron durante máis de dúas horas na Facultade de Fisioterapia

Os candidatos a reitor defenden en Pontevedra a súa idea de Universidade no último debate electoral

Os líderes de Ideas que suman e Horizonte 2040 estiveron acompañados dos candidatos á vicerreitoría do campus

Emilio Fernández e Pachi Reigosa debateron durante máis de dúas horas na Facultade de Fisioterapia

Na xornada previa ao peche da campaña ás eleccións á Reitoría do vindeiro luns 23, o campus de Pontevedra acolleu o terceiro dos debates nos que os candidatos Emilio Fernández, de Ideas que suman, e Pachi Reigosa, de Horizonte 2040, expuxeron as súas propostas e visións sobre o futuro da Universidade de Vigo. Nun debate que congregou a profesorado, persoal de administración e servizos e alumnado na Facultade de Fisioterapia, Reigosa e Fernández estiveron acompañados polos membros do seu equipo propostos para ocupar a Vicerreitoría do campus, Jorge Soto, no caso de Horizonte 2040, e Juan Manuel Corbacho, de Ideas que suman, que se sumaron ao segundo bloque do debate.

mércores 18 de abril de 2018

O reitor presentou hoxe o caderno especial que a revista 'Galegos' dedica á obra de Codax

150.000 persoas participaron nas actividades organizadas pola Universidade co gallo da presenza do Pergamiño Vindel en Vigo

Segundo Mato “pasamos con nota o traballo e seguimos a contar coa confianza da Morgan Library”

Foto de familia dalgunhas e algúns do artistas que participan no caderno especial da revista 'Galegos'

Entre os meses de outubro de 2017 e marzo de 2018, nos que se produciu o préstamo do Pergamiño Vindel á Universidade de Vigo por parte da Morgan Library, propietaria das cantigas de Martin Codax, a institución académica desenvolveu máis de 60 actividades de difusión, formación e institucionais, nas que participaron máis de 150.000 persoas. O reitor Salustiano Mato foi o encargado este martes de facer balance das accións programadas pola Universidade de Vigo durante os meses que o manuscrito permaneceu no Museo do Mar, como peza central da exposición Un tesouro en sete cantigas, desenvolvida en colaboración da Xunta de Galicia e que foi visitada por 50.000 persoas.

Seguinte | Última

1 de 253

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal