Opinión

venres 25 de xaneiro de 2013

O 27 de xaneiro celébrase o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto

Coincide coa data na que o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi en 1945, o de Auschwitz Rexentaban un quiosco na estación de ferrocarril de Ribadavia e alí despachaban melindres, rosquillas, pavías… e toda a axuda posible para que os xudeus escapados de Europa puideran cruzar a fronteira cara a Portugal. As irmás Touza (Lola, Amparo e Xulia) foron heroínas na sombra que se comprometeron a salvagardar as vítimas do movemento nazi tecendo unha malla clandestina na que contaban ata cun tradutor. Unha defensa acérrima da liberdade dos descoñecidos que Xoán Manuel Garrido, investigador do grupo de Tradución&Paratradución da Universidade de Vigo, quere rememorar este 27 de xaneiro, Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, elixido por ser a data na que en 1945 o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi, Auschwitz.

martes 8 de xaneiro de 2013

Primeiro Doutor honoris causa pola Universidade de Vigo

O día 7 de xaneiro Francisco Fernández del Riego cumpría 100 anos Francisco Fernández del Riego, don Paco, foi un dos principais referentes da cultura galega do século XX, unha traxectoria que a Universidade quixo recoñecer nomeándoo no ano 1992 primeiro Doutor Honoris Causa da Universidade de Vigo. Esta semana, na que o ilustre galeguista tería cumprido 100 anos, a que fora a súa madriña, Mª Victoria Carballo-Calero, lembra neste artigo de opinión a figura do ilustre galeguista, autor, entre outras propostas históricas, da celebración do Día das Letras Galegas.
No centenario do seu nacemento a Universidade lembra a súa figura e súmase así á celebración do Ano Francisco Fernández del Riego que agora se inicia e que traerá a súa querida nación numerosos actos e celebracións.

venres 23 de novembro de 2012

Na celebración do 25 de novembro

Buy Your Own Cherries (Robert W. Paul, 1904). . Fonte: Arquivo The British Film Institute. A profesora de Comunicación Audiovisual e Publicidade, na especialidade de cinema, Anna Amorós Pons, lembra no Día Internacional contra a Violencia de Xénero a primeira película sobre esta temática na Historia do Cine, Buy Your Own Cherries (1904). Fai agora 108 anos, o óptico londinense Robert William Paul estreaba esta peza fílmica producida na famosa Escola Inglesa de Brighton, polo que se pode afirmar que o tratamento da violencia de xénero no relato cinematográfico data dende as mesmas orixes da imaxe animada.
O filme reflicte o ambiente hostil cotiá nunha familia, onde a temática dos malos tratos (infantil), da agresión física (á muller) e o alcoholismo (do pai) tinguen de dramatismo unhas relacións familiares baseadas na violencia explícita, atmosfera que se reforza coa a retórica teatral dos actores.

luns 23 de abril de 2012

No Día Internacional do Libro

A profesora e escritora, Rexina Vega O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor celébrase o 23 de abril, data conmemorativa a nivel internacional que ten como obxectivo fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual. Ademais, esta data é especialmente simbólica para a literatura mundial, xa que ese día no ano 1616 faleceron Cervantes e Shakespeare. Con este motivo a escritora e profesora Rexina Vega reflexiona no Duvi sobre o presente e o futuro do libro ante os inminentes cambios que representan as novas tecnoloxías, e convídanos a que festexemos “o ocaso dunha época, a de ler co corpo, gozando intensamente do tacto e máis do olfacto no papel, esa reliquia".
Vega é profesora do Departamento de Lingua Española na Universidade de Vigo e, como escritora, gañou o premio Sthendal e foi finalista do Premio Nacional de Tradución, pola obra de Georges Perec El secuestro. Con Cardume, primeira incursión na creación literaria desta autora, obtivo o Premio Xerais de Novela 2007. Neste 2012 publica a súa segunda novela, Dark Butterfly.

luns 14 de novembro de 2011

O responsable da Unidade Médica da Área de Deporte e Saúde aborda algunha das claves da enfermidade

A diabete é un conxunto de trastornos metabólicos que afecta a diferentes órganos e tecidos, que dura toda a vida e que se caracteriza polo aumento dos niveis de glucosa en sangue. Hoxe, 14 de novembro e Día Mundia da Diabete, o responsable da Unidade Médica da Área de Deporte e Saúde, Juan José Crespo, aborda algunha das claves desta enfermidade, de como previla e de como convivir con ela. Con máis de 346 millóns de pacientes en todo o mundo, máis de 200.000 deles na comunidade galega, o impacto económico desta doenza é moi elevando tanto para o propio paciente e as súas familias como para os sistemas de saúde.

xoves 10 de novembro de 2011

O profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación dá claves sobre a propaganda política a 10 días do 20-N

O profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación no seu despacho Coas eleccións xerais á volta da esquina, os partidos políticos sacan todas as súas armas mediáticas para intentar movilizar os votos dos indecisos ou asegurarse os que xa daban como probables. Alberto Pena, profesor de Dereito Público Especial na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, analiza o funcionamento das campañas electorais e o seu efecto sobre a cidadanía no que considera unha "guerra de mensaxes" cun claro obxectivo: que o que non aparece corre o risco de ser esquecido polo electorado. A dez días do 20-N, para Pena este exceso de propaganda política convértese nunha carreira de fondo na que os distintos partidos se xogan non só estar no Goberno ou na oposición, senón mesmo desaparecer parlamentariamente no caso dos minoritarios.

venres 4 de novembro de 2011

O responsable da Unidade Médica da Área de Deporte e Saúde reflexiona sobre a nova normativa

O dotuor Juan José Crespo reflexiona sobre os beneficios da medicina preventiva O doutor Juan José Crespo, responsable da Unidade Médica da Área de Deporte e Saúde reflexiona no Duvi sobre a nova Lei xeral de saúde Pública, aprobada polo Congreso dos Deputados no mes de setembro. Trátase ao seu parecer dunha normativa aínda pouco coñecida pero transcendental no ámbito da medicina preventiva e pon tamén de relevo a importancia dos programas de promoción de exercicio da Universidade de Vigo que van na liña desa Lei e que están a favorecer un incremento da actividade física. Para o doutor Crespo, “esta é unha ferramenta das actividades preventivas con maior eficiencia para reducir a carga de enfermidades crónicas e os custes sanitarios”.

venres 3 de xuño de 2011

No 30 aniversario da Cámara autonómica

Unha visita do profesor co seu alumnado de Dirección e Xestión Pública á Cámara autonómica en marzo Foi instaurado xunto aos das outras catro autonomías históricas trala redacción do Estatuto de Autonomía por unhas Cortes Xerais dirixidas por Adolfo Suárez. Agora, o Parlamento de Galicia celebra os seus 30 anos de vida cunha xornada de portas abertas o 4 de xuño que inclúe visitas guiadas, un documental que explica as súas tres décadas de historia e unha votación simulada no salón de plenos. O profesor Álvaro Xosé López Mira, titular de Ciencia Política e da Administración, reflexiona no Duvi sobre o futuro da Cámara autonómica. Autor de libros como A Galicia irredenta, é experto en modelos electorais, organización territorial e descentralización política.

luns 16 de maio de 2011

Na celebración do Día das Letras Galegas

A Universidade celebra a chegada do Vento Lois Baixo a coordinación dos profesores Anxo Angueira e Teresa Bermúdez en breve verá a luz da man de Edicións Xerais de Galicia Que lle podo ofrecer a quen me intente? Monográfico Lois Pereiro. É a homenaxe coa que GAELT, Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía, rende homenaxe a Lois Pereiro, “un escritor contemporáneo, un poeta do noso tempo, do noso presente cultural”. Ante a celebración do Día das Letras Galegas, Angueira, poeta, narrador e ensaista, celebra no Duvi a chegada do Vento Lois para a literatura galega loando a decisión da Real Academia polo que considera “unha aposta valente”. Dende aquí, "parabéns porque, por enriba de todo, Lois Pereiro é un grande poeta".

xoves 7 de abril de 2011

No Día Mundial da Saúde

O responsable das Unidades de Medicina Deportiva da Universidade reflexiona sobre os riscos do sedentarismo

O doutor Crespo fala da actividade física como A pesar de ser unha fonte de saúde de benestar, son moitas as persoas que non practican ningunha actividade física. As consecuencias desta inactividade poden ser tan graves como as enfermidades cardiovasculares ou a hipertensión. Co gallo da celebración este xoves do Día Mundial da Saúde, o doutor Juan José Crespo, responsable das Unidades de Medicina Deportiva dos tres campus da Universidade reflexiona para o Duvi sobre a importancia de práctica deportiva e explica que "os estilos de vida teñen cambiado moito nos últimos decenios (o xenoma non), por iso a Organización Mundial da Saúde fai recaer sobre os estados, organismos sanitarios, concellos, escolas e universidades a responsabilidade de favorecer o incremento dos niveis de actividade física da poboación".
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal