Investigación

xoves 25 de outubro de 2007

A Universidade presenta Aquén, un servizo web para a difusión da toponimia tradicional

315 concellos, 3.794 parroquias e 37.297 lugares de Galicia. Con esta dispersión xeográfica semella complicada a realización dun mapa toponímico que permita recuperar, conservar e localizar os máis de 40.000 topónimos oficiais que a lingua galega contempla. Con este obxectivo, o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo vén de presentar Aquén. Trátase dunha ferramenta de divulgación e consulta que permite coñecer e localizar os topónimos galegos e cuantificar a súa presenza.

xoves 25 de outubro de 2007

Nunha tese de doutoramento

A nova ferramenta axuda aos usuarios a elixir contidos que poden ser do seu interese

Unha ferramenta de busca intuitiva e intelixente, así se pode definir a proposta que fai a investigadora Yolanda Blanco na súa tese de doutoramento, un traballo no que propón un sistema de recomendación personalizada de contidos televisivos baseado en información semántica. As técnicas de razoamento semántico empregadas pola investigadora inclúense nunha metodoloxía, flexible e xenérica, que razoa sobre as preferencias dos usuarios, modeladas en perfís persoais, e sobre as descricións semánticas dos produtos dispoñibles no recomendador. As estratexias resultantes exploran a base do coñecemento do sistema e infiren relacións semánticas ocultas entre os produtos alí representados. Estas relacións aportan un coñecemento adicional sobre as preferencias dos usuarios e, por tanto, favorecen procesos de personalización máis precisos. “Isto permite recomendar produtos que pasarían desapercibidos nos sistemas actuais e, ademais, combaten de forma efectiva as limitacións recoñecidas nas estratexias de personalización adoptadas nos mesmos”, sinala a investigadora da ETSE de Telecomunicación.

mércores 24 de outubro de 2007

Obxectivo das xornadas “A Carreira Investigadora ”

Do 7 ao 9 de novembro a Facultade de Belas Artes acollerá as xornadas “A Carreira Investigadora en Belas Artes” co fin de darlle forma e contido á investigación no ámbito específico desta titulación. Durante as sesións de traballo, falarase sobre programas estatais, europeos, autonómicos, modelos curriculares de carácter privado ou público, estruturas ideolóxicas, … cos que poder consensuar un marco que consolide novas liñas de investigación neste ámbito de coñecemento, así como favorecer un mellor acceso ós contratos e ós proxectos de investigación en Belas Artes.

martes 23 de outubro de 2007

Redegal e Imago estarán presentes no simposio internacional

Das 54 empresas premiadas, tres son galegas

Redegal e Imago, dúas empresas formadas por alumnos e ex alumnos da Escola de Enxeñaría Informática de Ourense, recibiron o premio Vivero, outorgado aos xoves emprendedores con proxectos interesantes a nivel tecnolóxico. O galardón consistente nun stand gratuíto en SIMO, o simposio de informática máis importante de España, foi outorgado a 54 empresas, das que só tres son galegas.
Os galardoados, Imago e Redegal, foron presentados polo director da Escola, Enrique Barreiro, coma outro dos éxitos vinculados ao I+D+i cos que o centro pretende achegar ao ámbito científico e académico á sociedade.

venres 19 de outubro de 2007

XI Congreso Internacional sobre Envellecemento, Saúde e Actividade Física

O Pazo de Congresos acolles estes días o XI Congreso Internacional sobre envellecemento, saúde e actividade física, onde presentaran os últimos avances científicos vinculados ao sector, promover a mellora da calidade de vida para as persoas maiores e debater sobre a proxección de futuro. Trátase dunhas xornadas nas que profesionais e estudantes de educación física, psicoloxía e fisioterapia entre outras poderán compartir coñecementos e sabedoría das expertas palabras dos conferenciantes.

xoves 18 de outubro de 2007

Organizado polo grupo Rede e o IEF

Cunha sesión sobre fontes de datos comezou no edificio Miralles, o I Simposio sobre Reformas Fiscais e Microsimulación que se prolongará ata este venres, xornada na que serán protagonistas as técnicas e metodoloxías, así como as simulacións. As sesións inauguradas polo Reitor, Alberto Gago e o subdirector xeral de Estudos Tributarios do Instituto de Estudos Fiscais, están organizadas polo grupo de investigación Rede (Research in economics, business and the environment) da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e o Instituto de Estudos Fiscais e contan coa participación de investigadores de universidades españolas como a de Barcelona, a Complutense, a Rey Juan Carlos, a de Valencia, Oviedo, o a Universitat de les Illes Balears.

xoves 18 de outubro de 2007

Coa celebración de dous congresos

Os expertos en literatura poscolonial reinvindican máis presenza nos novos plans de estudo

Manuel Reigosa, Santiago Domínguez e Joaquín Sueiro Se de por si a Facultade de Filoloxía e Tradución é un centro políglota e multicultural, este xoves viviu unha intensa xornada coa celebración de dous encontros que reuniron no lugar investigadores dos cinco continentes. Dunha banda, o “III Congreso Internacional de Lingüística Hispánica: novos investigadores en linguas e lingüística” e, da outra, o “I Simposio sobre Docencia e Investigación das literaturas poscolinais: o estado dos estudos poscoloniais nas universidades españolas”.

mércores 17 de outubro de 2007

O seu traballo céntrase en simular e analizar os efectos de posibles reformas de impostos


Os investigadores que traballan en España en temas de reformas fiscais e microsimulación reúnense este xoves no Edificio Miralles no que constitúe o primeiro simposio que se organiza en España sobre a materia.
En total son 28 expertos procedentes de toda España, non só de universidades e do IEF, senón tamén do Instituto Nacional de Estatística e do Banco de España.

mércores 10 de outubro de 2007

Incrementouse a dotación económica nas dúas categorías


Coa finalidade de favorecer o recoñecemento social do traballo dos investigadores galegos e estimular o labor dos investigadores máis novos, a Consellería de Innovación e Industria a través da súa Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, ven de publicar hoxe no DOG os premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica.

martes 9 de outubro de 2007

Dirixido polo profesor Xosé Manuel Buxán

A homosexualidade e as súas pegadas nos máis diversos ámbitos do espazo cultural, centran o traballo que desenvolve o grupo de Minorías e Cultura Gay Lésbica Bisexual e Transexual (GLBT) de Galicia. O obxectivo é afondar e descubrir, no eido das humanidades e, especialmente no mundo da arte, as marcas homoeróticas que impregnan a cultura e a sociedade.

Primeira | Anterior | Seguinte | Última

239 de 240

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal