Institucional

venres 17 de novembro de 2017

Coa participación de Virxilio Rodríguez, comisionado do proxecto de especialización ourensán

A cita celebrouse esta semana na cidade arxentina de Bos Aires

Coa participación de Virxilio Rodríguez, comisionado do proxecto de especialización ourensán

O proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga estivo presente esta semana no Water and Development Congress and Exhibition 2017 (Sustainable Solutions for Emerging Economies), organizado por The International Water Association (IWA) na cidade arxentina de Bos Aires. “O Campus da Auga acadou a madurez suficiente como para ser presentado con solvencia e con posibilidades de achegar cousas a foros tan importantes como os organizados pola IWA, da que nos fixemos socios recentemente”, destaca Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus.  

mércores 15 de novembro de 2017

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade supervisou as actuacións

Foron evacuadas as facultades de CC Económicas e Empresariais e CC Xurídicas e do Traballo e a Biblioteca Central

Foron evacuadas as facultades de CC Económicas e Empresariais e CC Xurídicas e do Traballo e a Biblioteca Central

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e a Biblioteca Central do campus quedaron esta mañá de mércores completamente baleiras por dun incendio declarado nun despacho da segunda planta do primeiro dos centros. Por sorte, tratábase dun lume simulado para poñer a proba o plan de evacuación destes tres edificios, unidos entre eles por varias pasarelas.

venres 10 de novembro de 2017

Convócase o certame de debuxo e redacción dos centros da área científica-tecnolóxica do campus

Está aberto á participación do alumnado de Primaria e Secundaria da provincia de Ourense

Convócase o certame de debuxo e redacción dos centros da área científica-tecnolóxica do campus

O día 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Co obxectivo de aproveitar esta conmemoración para contribuír a visibilizar e potenciar o papel da muller na I+D+i, o pasado ano a Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática uníronse para pór en marcha un concurso escolar con esta temática. A segunda edición deste certame xa está en marcha e as entidades promotoras animan aos centros e ao alumnado de Primaria e Secundaria da provincia a unirse a esta iniciativa.  

martes 7 de novembro de 2017

O vicerreitor do campus e responsables de centros achegáronse este martes ás instalacións

Entre os temas abordados estivo o Proxecto de Hospitalización Innovadora Living Lab

O vicerreitor de campus e responsables de centros achegáronse este martes ás instalacións

Este martes unha delegación do campus de Ourense encabezada polo vicerreitor, Virxilio Rodríguez, e formada por responsables dos diferentes centros universitarios, achegouse ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para coñecer por unha banda o seu novo Edificio de Hospitalización e por outra o seu Proxecto de Hospitalización Innovadora Living Lab, centrado no uso das novas tecnoloxías para mellorar a atención aos pacientes.

venres 3 de novembro de 2017

Crue Universidades Españolas, a través de Santander Universidades, impulsa este proxecto

Crue Universidades Españolas, a través de Santander Universidades, impulsa este proxecto

Co obxectivo de mellorar a comunicación a través dos teléfonos móbiles entre as institucións universitarias e a comunidade que as integra, Crue Universidades Españolas, a través de Santander Universidades, creou unha plataforma móbil personalizada que incorpora tecnoloxía avanzada, contidos e diversos servizos. Alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo xa ten acceso a UVigo App, unha ferramenta coa que a Universidade de Vigo dá un novo paso adiante na súa transformación dixital, co obxectivo de mellorar a comunicación e axilizar a xestión da comunidade universitaria.

xoves 2 de novembro de 2017

Hai xa máis de 80 persoas inscritas e o prazo remata o día 10

A EE Forestal encargarase de coordinar a formación do alumnado, PDI e PAS participante

Monte de Pazos de Borbén, tras a vaga de incendios

Máis de 80 persoas están xa anotadas na campaña de voluntariado para a recuperación das zonas queimadas tras a vaga de incendios de hai 15 días. Esta iniciativa, coordinada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais e a Escola de Enxeñaría Forestal, busca implicar á comunidade universitaria en futuras actividades encamiñadas á protección, recuperación e seguimento dos terreos queimados. A inscrición está aberta ata o día 10 deste mes e posteriormente artellaranse grupos, medidas e lugares de actuación.

martes 31 de outubro de 2017

Nunha xornada que puxo en valor a achega dos docentes vigueses á este modelo empresarial

Asináronse dous convenios coas asociacións Espazocoop e Agaca

Foto de familia de docentes e ex-estudantes

Hai xa preto de 30 anos que dende a Escola Universitaria de Estudos Empresariais, un grupo de docentes encabezados por Iago Santos Castroviejo comezaron a traballar no que hoxe se coñece como economía social. Puxeron en marcha un grupo de investigación, introduciron unha nova visión do modelo empresarial na formación, crearon a Aula Cooperativa e comezaron a editar a revista Cooperativismo e Economía Social. Das súas aulas saíron ducias de estudantes que hoxe se atopan entre os impulsores das arredor de 1400 cooperativas que existen en Galicia. Este martes docentes, egresados, cooperativistas e estudantes reuníronse no campus de Vigo na xornada Universidade de Vigo e Cooperativismo: 28 anos medrando xuntos.

martes 31 de outubro de 2017

Nas catro plantas que a Xunta cederá á Universidade trala reforma da súa antiga sede en Pontevedra

O edificio acollerá tamén espazos para actividades académicas, de xestión e instalacións singulares de investigación

Mato e Rueda, na rolda de prensa

Preto de 1600 metros cadrados distribuídos en catro plantas será o espazo que a Xunta de Galicia poña a disposición da Universidade de Vigo unha vez se completen as obras de rehabilitación da súa antiga sede en Pontevedra, na rúa Benito Corbal. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou este martes na Casa das Campás o proxecto de reforma do inmoble que se converterá na futura sede corporativa do Campus CREA S2i e que, a falta da súa definición final en Consello de Campus, a institución académica prevé destinar a un espazo para demostracións vinculadas a diferentes proxectos e a unha incubadora de empresas, así como a actividades académicas, á creación dun fablab e aos servizos de xestión do proxecto de especialización.

luns 30 de outubro de 2017

Trátase do segundo recoñecemento deste tipo que recibe en Arxentina

O acto de entrega celebrouse o 27 de outubro

O acto de entrega celebrouse o 27 de outubro

O catedrático emérito da Universidade de Vigo Luis Rodríguez Ennes recolleu o pasado venres 27 de outubro na Universidad de Flores, en Arxentina, o título de doutor honoris causa por esta institución académica. Esta é a segunda distinción deste tipo que recibe, despois de que o pasado mes de abril fose investido doutor honoris causa pola Universidad Nacional do Comahue, do mesmo país. A concesión foi decidida por unanimidade polo Consello Superior da Universidad de Flores e entregada no marco do inicio do IV Congreso de Principios Xerais e Dereito Romano que se celebrou nesa institución académica.

venres 27 de outubro de 2017

Virxilio Rodríguez foi convidado a visitar esta semana a institución académica brasileira

O intercambio de alumnado e a colaboración en investigación foron algunhas das liñas abordadas

Virxilio Rodríguez foi convidado a visitar esta semana a institución académica brasileira

En abril de 2017, o campus de Ourense acolleu a celebración do I Congreso Euroamericano de Dereito e Política, promovido por investigadores da Universidade Federal Fluminense, de Brasil, e da Universidade de Vigo. Froito do contacto establecido nesa ocasión, esta semana Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, foi convidado a realizar unha visita á institución académica brasileira co obxectivo de abrir vías de cooperación en liñas estratéxicas.

Seguinte | Última

1 de 240

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal