Hemeroteca

Entradas da axenda para xoves 22 de febreiro de 2018

xoves 22 de febreiro de 2018

Unha exposición permanente recupera e pon en valor o traballo de investigadoras galegas

A Facultade de Ciencias do Mar énchese de científicas que contan

Ángeles Alvariño, Antonia Ferrín, Olimpia Valencia e Olga Moreiras, entre as homenaxeadas

A exposición permanente recupera e pon en valor o traballo de investigadoras galegas

Desde que no ano 1886 o presidente da Asociación de Médicos ingleses, Withers Moore, asegurase que “coa educación superior facilitada ás mulleres, a raza humana non poderá contar con máis fillos distinguidos”, transcorreron 132 anos. Nese case século e medio, a invisibilidade, que ata entón sufriran as científicas e investigadoras, así como as trabas que para acceder á educación padeceron as mulleres en xeral, foron mudando, aínda que non ata o punto de acadar unha igualdade real no ámbito científico. Co obxectivo de homenaxear a todas as mulleres coñecidas e descoñecidas que achegaron co seu traballo importantes avances no campo da ciencia e da investigación e abriron o camiño ás seguintes xeracións, a Facultade de Ciencias do Mar acollerá de xeito permanente nos seus corredores a exposición Científicas que contan.

xoves 22 de febreiro de 2018

Neste curso hai 578 alumnos e alumnas matriculados nos ciclos intensivo e integrado

Preto de 6000 estudantes sénior pasaron polo Programa de Maiores dende que botou a andar en 2002

O alumnado salienta que é unha experiencia enriquecedora tanto intelectual como socialmente

Neste curso hai 578 alumnos e alumnas matriculados nos ciclos intensivo e integrado

Profesionais da avogacía, do sector da banca, persoal funcionario, responsables de empresas, docentes... Todos e todas atoparon, tras a súa xubilación, no Programa para Maiores un punto de encontro, un lugar onde seguir formándose, ampliar horizontes e cultivar novas experiencias e relacións. Estas aulas sénior botaron a andar en 2002 e, dende ese momento, a súa aceptación entre as persoas xubiladas foi crecendo ata consolidarse na actualidade con preto de 600 estudantes cada ano. Neste curso hai 586 alumnos e alumnas matriculados entre o ciclo intensivo e o integrado e, dende que se puxo en marcha, pasaron polas súas aulas 5814 alumnos e alumnas de máis de 55 anos.

xoves 22 de febreiro de 2018

Será o vindeiro xoves 1 de marzo no paraninfo da Reitoría a partir das 12.00 do mediodía

Universidade e Real Academia Galega organizan un acto académico literario arredor do Pergamiño Vindel

Participarán Camiño Noia, Henrique Monteagudo, Xesús Alonso Montero e o músico Roi Casal

O Pergamiño Vindel volverá a Nova York a comezos de marzo

Nos derradeiros días de estancia en Vigo do Pergamiño Vindel multiplícanse as actividades organizadas arredor da gran xoia da literatura galega medieval. Achégase a hora da despedida e do regreso á Morgan Library de Nova York pero antes cómpre aproveitar a súa estancia en Vigo para seguir afondando no seu estudo. Neste contexto a Universidade e a Real Academia Galega organizaron para o vindeiro xoves 1 de marzo un acto académico literario arredor deste manuscrito.

xoves 22 de febreiro de 2018

Os resultados da investigación foron presentados este xoves no concello ourensán

Un estudo histórico sitúa a orixe da vila de Oímbra no século XIII, dous séculos antes do considerado

A iniciativa é froito dun convenio de colaboración coa Universidade de Vigo

Os resultados da investigación foron presentados este xoves no concello ourensán. Na imaxe: Beatriz Comendador, Ana María Villarino e Víctor Rodríguez

En abril de 2017 Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra, e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, asinaron un convenio de colaboración que tiña como obxectivo buscar as orixes históricas deste municipio ourensán. Este xoves presentáronse os resultados da investigación realizada por un equipo da Facultade de Historia do campus de Ourense. Entre eles destácase como “cos novos datos coñecidos a raíz da elaboración deste proxecto de investigación, Oímbra configúrase como vila xa no século XIII”. 

xoves 22 de febreiro de 2018

Responsables de CCSS e da Comunicación reuníronse co responsable do convenio na USP

A dobre titulación con Sao Paulo achegou ao campus preto de 40 estudantes brasileiros en cinco anos

O acordo permite obter o dobre grao en Dirección e Xestión Pública e Xestión de Políticas Públicas

Responsables de CCSS e da Comunicación reuníronse co responsable do convenio na USP

Hai cinco anos, as universidades de Vigo e Sao Paulo impulsaron un convenio de dobre titulación que permitía ao alumnado obter tanto o título de graduado ou graduada en Dirección e Xestión Pública pola Universidade de Vigo como o de Xestión de Políticas Públicas da Universidade de Sao Paulo (USP). Cumprido este período, cómpre renovar este acordo para continuar con esta iniciativa, o que motivou a visita á Ciencias Sociais e da Comunicación do responsable deste convenio na USP, Alessandro Soares da Silva, para participar nunha reunión de traballo con equipo decanal da facultade. 

xoves 22 de febreiro de 2018

Javier Martínez de Orueta falou este xoves no campus sobre a observación do ceo

Descifrando a linguaxe das nubes

O divulgador explicou algunhas claves para interpretar a información que ofrecen sobre o clima

Javier Martínez de Orueta falou este xoves no campus sobre a observación do ceo

A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este xoves a conferencia A linguaxe das nubes, organizada polo Grupo Ephyslab da Universidade de Vigo. Nela, o divulgador Javier Martínez de Orueta falou da súa gran paixón, a observación do ceo e máis concretamente das nubes. Ao longo da súa conferencia, este técnico superior en Saúde Ambiental e grande afeccionado á meteoroloxía, fixo un percorrido visual por imaxes de diferentes ceos.  

xoves 22 de febreiro de 2018

14 persoas participan neste taller que se desenvolve na EE Forestal

Un obradoiro para descubrir probando o potencial do Arduino

A iniciativa insírese na programación de obradoiros da Vicerreitoría

O taller desenvólvese na EE Forestal

Partindo dunha placa dotada dun microcontrolador e mediante o uso de software libre, o Arduino outorga múltiples posibilidades de deseño, desenvolvemento ou adaptación de dispositivos electrónicos. Da automatización dunha luz á articulación do ordenador de a bordo nun coche, as posibilidades que implican estas placas resultan cada día máis accesibles grazas á existencia de titoriales ou de contornas gráficas que fan máis accesible a programación, como explica Esteban Manuel Oubiña, responsable xunto a Rabi Ouallam, do obradoiro Introdución a Arduino e programación en C.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal