Hemeroteca

Entradas da axenda para martes 2 de xaneiro de 2018

martes 2 de xaneiro de 2018

O Centro Comercial Gran Vía fai entrega das tres bolsas complementarias ás mellores estudantes

Tres expedientes excelentes que se converten nunha axuda de 1000 para a estadía Erasmus

Andrea Nóvoa, Laura González e Natalia Rey recibiron hoxe martes as súas distincións

O xerente de Gran Vía, Andrea Nóvoa, Natalia rey e Laura González e o vicerreitor de Relacións Internacionais

Ter un expediente académico excelente serviulles a Andrea Nóvoa, Laura González e Natalia Rey para que a súa estadía no estranxeiro cunha bolsa Erasmus sexa máis desafogada economicamente. Grazas ás súas cualificacións foron seleccionadas na convocatoria de bolsas Erasmus+ Gran Vía, unha iniciativa posta en marcha por este centro comercial, en colaboración coa Universidade de Vigo. O obxectivo é ofrecer unha axuda adicional ao alumnado que completa os seus estudos no estranxeiro baixo o paraugas do programa Erasmus+, amosando así o compromiso desta empresa coa responsabilidade social, facilitando o apoio en formación e cultura da poboación da contorna.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal