Hemeroteca

Entradas da axenda para mércores 8 de novembro de 2017

mércores 8 de novembro de 2017

O resultado será esencial para avanzar na investigación gramatical e didáctica da LSE

Preséntase esta semana á comunidade xorda internacional nun que encontro que se celebra en Lisboa

Equipo de investigadoras responsables do proxecto

Unha mostra real da lingua existente, tendo en conta as posibles variacións a nivel xeográfico, xeracional e de xénero, algo que aínda non existe en España. O grupo de investigación Griles da Universidade de Vigo está elaborando o Corpus Anotado da Lingua de Signos Española, un traballo que porá a disposición das e dos investigadores, docentes e usarios gran cantidade de mostras e exemplos de uso que contribuirán á descrición desta lingua. Bautizado como Coralse (Corpus Anotado de Lengua de Signos Española), o corpus consta dunha serie de mostras de signantes de Galicia e outros puntos de España que foron gravadas en vídeo.

mércores 8 de novembro de 2017

Traballa na resolución de problemas medioambientais vinculados a recursos hídricos degradados

A rede está integrada por máis dun cento de investigadores das tres universidades galegas

Foto de familia dos integrantes da rede que participaron na reunión celebrada no edificio de Ciencias Experimentais

Segundo confirma a Organización Mundial da Saúde, o 80% das enfermidades do mundo están relacionadas co consumo de auga contaminada, que mata máis nenas e nenos que todos os conflitos bélicos, a malaria e o VIH/SIDA xuntos (máis de 1,5 millóns ao ano). Creada en 2013, a rede Bioauga celebraba nas últimas horas no edificio de Ciencias Experimentais do campus vigués unha xuntanza de apertura que marca unha nova etapa na traxectoria da rede, na que participan 11 grupos e máis de 100 investigadores e técnicos de laboratorio das tras universidades galegas.

mércores 8 de novembro de 2017

Arranca o proxecto Biomasa-Ap coa participación do Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas

Permitirá xerar emprego e mellorar a competitividade dos sectores agrícola e forestal

Imaxe da mesa redonda na que participaron respresentantes de todos os socios do proxecto

 A biomasa máis abundante, a xerada coa limpeza dos montes ou con actividades agrícolas como a poda das videiras ou dos kiwis, é un dos recursos con maior potencial da Eurorrexión. Non obstante, pese ao seu elevado valor e a súa alta dispoñibilidade todos estes recursos están a día de hoxe sen valorizar. Conscientes desta realidade grupos de investigación de diferentes universidades e centros tecnolóxicos que levan anos traballando nestas cuestións uniron os seus potenciais no proxecto Biomasa-AP, unha iniciativa liderada polo Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética, EnergyLab, e no que participa como socio o Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas da Universidade de Vigo.

mércores 8 de novembro de 2017

As instalacións universitarias acollen xa varias das mostras da programación desta edición

En total son sete as exposicións que se celebrarán ata principios de 2018

A programación do certame que acolle este ano o campus foi presentada este mércores

A 35 edición do Outono Fotográfico está en marcha e son moitas as exposicións que ao seu abeiro se están a realizar en diferentes puntos da xeografía galega e lusa. Formando parte desta iniciativa, o campus de Ourense acolle xa varias das sete mostras que organiza no marco desta edición e ata principios de 2018. A través das imaxes expostas, na Biblioteca Rosalía de Castro e na entrada do Edificio de Ferro, as persoas interesadas poden achegarse ao talento fotográfico.

mércores 8 de novembro de 2017

A asociación Auce organiza un taller con este obxectivo

A iniciativa quere fomentar a participación do alumnado na súa canle Radio Fedello

A asociación Auce organiza un taller con este obxectivo

Desde o ano 2015, a Asociación Universitaria de Ciencias da Educación Auce conta cunha canle de radio chamada Radio Fedello, que naceu co obxectivo de tender canles de comunicación entre o tecido social ourensán e o campus de Ourense. Buscando dar un novo pulo a esta iniciativa, a entidade quere agora fomentar a realización de programas feitos por alumnado universitario. Con este obxectivo este mércores comezou a desenvolver un Obradoiro Radiofónico.

mércores 8 de novembro de 2017

No proxecto participaron as docentes Cristina Varela, Itziar Ezquieta e Begoña Paz, do grupo Remoss

A través de elementos iconográficos e pedagóxicos buscaron facer do espazo unha contorna amigable

A través de elementos iconográficos e pedagóxicos buscaron facer do espazo unha contorna amigable

No bosque de tesouros hai cantidade de cousas agochadas: unha palmeira tropical, un raio luminoso, un trevo da sorte, un planeta deshabitado, o arco da vella, un diamante...”. Así comeza o texto que desde esta semana preside un dos paneis instalados nas salas de agarda do servizo de urxencias pediátricas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), grazas ao proxecto de humanización artístico-pedagóxica desenvolvido por tres profesoras da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte xunto coa asociación Paspallás.

mércores 8 de novembro de 2017

Nunha nota elaborada polo seu Observatorio Municipal de Galicia

Destacan os axustes en persoal e nos gastos tanto financeiros como correntes en bens e servizos

Nunha nota elaborada polo seu Observatorio Municipal de Galicia e ao abeiro dun convenio asinado coa Deputación de Ourense. Na imaxe: Manuel Baltar e Santiago Lago

“As deputacións provinciais galegas presentan un endebedamento moi baixo, mesmo nos anos de recesión económica constátase importantes superávits orzamentarios. A tendencia nos últimos anos foi dunha redución moi considerable da débeda viva das entidades provinciais”. Este mércores a Rede Localis, a Rede de Administración Local potenciada desde o Grupo Gen da Universidade de Vigo, vén de facer pública unha nota centrada na análise orzamentaria e fiscal das deputación.

mércores 8 de novembro de 2017

A Casa das Campás acolle nestas semanas un curso impartido por Francisco Porto, da produtora Latamuda

O taller promovido pola Vicerreitoría dará pé á súa vez a un proxecto expositivo definido polo alumnado

O obradoiro desenvólvese na Casa das Campás

“O comisariado é moito máis que a coordinación dunha exposición, o comisario é quen idea xunto co artista toda a parte intelectual dese traballo, o que selecciona as pezas coa ou co artista, o que lle dá outro pulo para que avance no seu discurso”. Con estas verbas trata de pór de relevo Francisco Porto, director da produtora de arte contemporánea Latamuda, a importancia da figura que nestas semanas centra un dos obradoiros inseridos na oferta formativa promovida pola Vicerreitoría do campus para este primeiro cuadrimestre. Na súa terceira edición, o taller Comisariado e estratexias para artistas reúne na Casa das Campás a estudantes de diferentes titulacións.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal