Hemeroteca

Entradas da axenda para martes 7 de novembro de 2017

martes 7 de novembro de 2017

Os días 9 e 10 celebrarase en Vigo un congreso centrado na principal manifestación da xustiza restaurativa

O simposio está organizado pola Asociación Española de Justicia Terapéutica que preside Esther Pillado

Esther Pillado, catedrática da Universidade de Vigo e presidenta da Asociación Española de Justicia Terapéutica

Reiterados interrogatorios; reconstrución dos feitos; asistencia a xuízos cun trato, ás veces, agresivo por parte da ou do avogado defensor; indebido tratamento informativo; lentitude do proceso… Estes son algúns dos danos que, derivados da súa relación co sistema xudicial penal, pode sufrir a vítima dun delito, que, non obstante, no caso das persoas adultas, segundo establece o artigo 15 da Lei 4/2015, do 27 de abril, do Estatuto da vítima do delito, poderán acceder a servizos de xustiza restaurativa, nos termos que regulamentariamente se determinen, coa finalidade de obter unha adecuada reparación material e moral dos prexuízos derivados do delitos.

martes 7 de novembro de 2017

Dirixido a alumnado e titulados, desenvolveranse neste centro entre o 10 e o 19 de novembro

A abordaxe conxunta de ambas zonas permite abordar patoloxías como cefaleas, vértigos ou acúfenos

Dirixido a alumnado e titulados, desenvolveranse neste centro entre o 10 e o 19 de novembro

Entre a zona cervical e a cráneo-mandibular existen relacións tanto a nivel muscular como vásculo-nerviosas que fan dunha abordaxe conxunta un aspecto fundamental para o tratamento de patoloxías como acúfenos, cervicalxias, vertixes ou cefaleas. Co propósito de achegar tanto a alumnado como a egresadas e egresados a este tratamento global, a Facultade de Fisioterapia promove por primeira vez o curso complementario Valoración e tratamento da rexión cervical e a súa relación cráneo-mandibular (ATM), que dirixe o profesor Gustavo Rodríguez.

martes 7 de novembro de 2017

20 alumnos de CCSS e da Comunicación integran o equipo do programa Radio Escaparate

Na súa cuarta tempada, suman á realización dun programa semanal contidos audiovisuais para redes

Parte do equipo de estudantes que realiza este programa semanal

O escritor pontevedrés Manel Loureiro e persoas que colaboraron como voluntarias na loita contra a vaga de lumes que azoutou Galicia hai unhas semanas foron dous dos protagonistas das primeiras entregas da nova tempada de Radio Escaparate, o programa semanal que desde hai catro cursos impulsan estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación. Nacido como un espazo centrado na actualidade da facultade que acolle as súas gravacións, este espazo radiofónico, que no presente curso realiza un grupo de 20 estudantes, foi progresivamente achegándose a diferentes cuestións de actualidade.  

martes 7 de novembro de 2017

Traballan na redución de emisións contaminantes procedentes dos tubos de escape

Os galardóns, promovidos pola RAGC, entregaranse proximamente en Santiago de Compostela

Fotografía do equipo mixto universidade-empresa, con Concepción Paz, responsable do proxecto pola Universidade de Vigo, sentada diante

Levan máis de dez anos de colaboración continuada a través de proxectos nacionais, autonómicos e financiados directamente pola propia empresa e o seu traballo conxunto sobre a redución de emisións contaminantes procedentes dos tubos de escape dos vehículos fíxoos merecentes dun dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2017. Falamos da empresa BorgWarner Emissions Systems Spain, filial española da multinacional Borgwarner, e do Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas da Universidade de Vigo, un equipo composto por máis de trinta investigadores e investigadoras que teñen entre as súas principais liñas de investigación, os sistemas anticontaminación de motores de automoción.

martes 7 de novembro de 2017

A Biblioteca Rosalía de Castro dedica un espazo a visibilizar fondos sobre esta temática

O obxectivo é contribuír a unha maior concienciación dos usuarios e usuarias do centro

A Biblioteca Rosalía de Castro dedica un espazo a visibilizar fondos sobre esta temática

Periodicamente a Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense dedica o espazo da súa entrada chamado Recuncho Temático a visibilizar fondos arredor dunha cuestión en concreto. Nesta ocasión, a temática elixida polas técnicas do centro é Violencias contra as mulleres e nel trátase de ofrecer máis información e conseguir unha maior concienciación dos usuarios e usuarias desta biblioteca sobre a violencia psíquica e física exercida contra as mulleres, dedicando especial atención aos micromachismos. 

martes 7 de novembro de 2017

Este martes celebrouse unha xornada destinada a valorizar traballos fin de estudos nesta área

Entre as temáticas abordadas estivo o vidro na Cibdá de Armea e a figura de Manuel Martínez Sueiro

Este martes celebrouse unha xornada destinada a valorizar traballos fin de estudos nesta área

Este martes a Delegación de Alumnos da Facultade de Historia do campus de Ourense organizou, coa colaboración do seu centro, unha nova edición, a sétima, das súas Xornadas de Novos Investigadores. A iniciativa, indican os seus promotores, destaca por ir contracorrente en dúas cuestións: por unha banda é unha actividade organizada polo alumnado e por outra está destinada a dar a coñecer os primeiros traballos de investigación feitos por novos historiadores e historiadoras.  

martes 7 de novembro de 2017

Dende hoxe ata o día 17 desenvolveranse conferencias e concursos de fotografía e debuxo

O centro organiza unha semana de actividades para celebrar o seu patrón

Dende hoxe ata o día 17 desenvolveranse conferencias e concursos de fotografía e debuxo

A Facultade de Bioloxía inaugurou este luns, coa apertura dunha exposición de cogomelos, a semana de actividades que conmemoran o seu patrón, San Alberte. Así, dende este luns e ata o día 16 a ciencia e a natureza será os protagonistas dunha serie de conferencias e concursos de fotografía e debuxo biolóxico. A mostra micolóxica, coordinada pola profesora de Bioloxía Marisa Castro, poderase visitar na entrada do edificio de Ciencias Experimentais ata o venres desta semana.

martes 7 de novembro de 2017

O vicerreitor do campus e responsables de centros achegáronse este martes ás instalacións

Entre os temas abordados estivo o Proxecto de Hospitalización Innovadora Living Lab

O vicerreitor de campus e responsables de centros achegáronse este martes ás instalacións

Este martes unha delegación do campus de Ourense encabezada polo vicerreitor, Virxilio Rodríguez, e formada por responsables dos diferentes centros universitarios, achegouse ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para coñecer por unha banda o seu novo Edificio de Hospitalización e por outra o seu Proxecto de Hospitalización Innovadora Living Lab, centrado no uso das novas tecnoloxías para mellorar a atención aos pacientes.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal