Hemeroteca

Entradas da axenda para luns 6 de novembro de 2017

luns 6 de novembro de 2017

Os vascos son un equipo duro que presenta unha das mellores defensas do campionato

Tras unha primeira parte desastrosa, os vigueses non foron quen de remontar o partido

Cartel dos encontros disputados durante a fin de semana

A competición non da tregua e tras a gran vitoria lograda na xornada pasada fronte ao Bathco Rugby Club, o Kaleido Universidade de Vigo de Rugby recibiu este domingo na casa ao terceiro clasificado de División de Honra B, o Babyauto Zarautz RT, un dos equipos máis fortes da táboa, que compite co Bathco e co Colina Clinic de Burgos por alcanzar o primeiro posto na clasificación. Foi un partido duro no que, tras unha primeira metade desastrosa, o equipo vigués non foi quen de reaccionar, concluíndo o encontro 22-33.

luns 6 de novembro de 2017

Cun accésit á tese de doutoramento do investigador Javier Arzúa

É a primeira vez que esta sociedade outorga este tipo de recoñecemento a un español

O investigador Javier Arzúa no laboratorio da EE de Minas e Enerxía

A Sociedade Internacional de Mecánica de Rochas -ISRM, polas súas siglas en inglés- que vincula a máis de 5000 socios espallados por 46 países diferentes, outorga por primeira vez un accésit dos seus premios anuais a un investigador español. Trátase de Javier Arzúa, da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, autor dunha tese de doutoramento sobre o comportamento post-rotura de rochas e macizos logo da súa manipulación; unha investigación que converxe co obxectivo de fomento e difusión, que defende esta sociedade internacional.  

luns 6 de novembro de 2017

55 xogadores e xogadoras déronse cita na competición de xadrez celebrada o sábado

Tamén en deportes o equipo de rugby perdeu esta fin de semana contra o UBU Colina

Marcos Lorenzo, campión do Torneo Activo Campus Ourense 2017 de xadrez

O Edificio de Ferro do campus de Ourense acolleu o sábado, 4 de novembro, o Torneo Activo Campus de Ourense 2017. A cita, que celebra anualmente a Asociación de Xadrez Ourensán Universitario, reuniu a 55 xogadores e xogadoras de diferentes idades da provincia de Ourense. Marcos Lorenzo, do Liceo, foi o gañador da competición. Tamén en deportes, o Campus Universitario Ourense Coosur sumou unha nova derrota fóra da casa e o Auriense masculino de fútbol gaélico gañou na Illa de Arousa.  

luns 6 de novembro de 2017

A facultade acolleu este luns unha charla-coloquio sobre esta institución

É a primeira dunha xeira de sesións divulgativas que se realizará nos campus universitarios

A facultade acolleu este luns unha charla-coloquio sobre esta institución

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este luns a Charla-Coloquio Parlamento de Galicia. A iniciativa enmárcase nas actividades divulgativas organizadas pola Presidencia do Parlamento en colaboración coa Asociación de Ex Parlamentarios/as e que teñen como obxectivo espallar os valores da democracia entre a xente nova, amosando o traballo que se desenvolve na institución que representa o pobo de Galicia, a primeira das institucións da comunidade autónoma da que derivan todas as outras.

luns 6 de novembro de 2017

A investigadora Yaiza Taboada analizou as características de 150 deportistas de alto nivel

A investigación demostrou a existencia de diferencias físicas entre os dous roles desta disciplina

A investigación demostrou a existencia de diferencias físicas entre os dous roles desta disciplina. Foto: Universidad Pablo de Olavide - Club Gimnástico Sur

Consistente na realización dunha serie de exercicios acrobáticos a partires de pirámides corporais, a ximnasia acrobática é unha disciplina definida pola existencia de dous perfís ben diferenciados; portores, que se sitúan na base da pirámide, e áxiles, que realizan exercicios sobre estes. Analizar o perfil antropométrico destes deportistas e as posibles diferenzas en función do seu rol constituíu o propósito central do estudo Yaiza Taboada desenvolveu para a súa tese de doutoramento, defendida en CC da Educación e do Deporte, a primeira que se realiza sobre ximnasia acrobática de competición.

 

luns 6 de novembro de 2017

A Universidade e a Consellería do Mar asinaron este luns un convenio de colaboración

Basearase en información biolóxica obtida de forma continua e axudará a reducir os períodos de peche dos bancos

A Universidade e a Consellería do Mar asinaron este luns un convenio de colaboración

A navalla é un marisco bivalvo que, aínda que no pasado apenas tiña valor, na actualidade tense convertido nun recurso de alto valor comercial. Os cambios no modelo extractivo fan preciso avanzar no coñecemento sobre o seu ciclo reprodutivo e a súa variabilidade espacial para mellorar a xestión e facer deste sector un modelo sustentable. Este é o obxectivo do proxecto de investigación que arrancará na ría de Vigo da man da Universidade e da Consellería do Mar. O reitor, Salustiano Mato, e a conselleira, Rosa Quintana, asinaron este luns un convenio de colaboración que permitirá traballar de xeito conxunto á comunidade científica co sector e a administración.

luns 6 de novembro de 2017

Unhas xornadas sobre a teoría queer e a educación afondan no campus na cuestión de xénero

A profesora Elvira Burgos foi a encargada de arrancar este luns a programación

Unhas xornadas sobre a teoría queer e a educación afondan no campus na cuestión de xénero

 Aproximar ao alumnado e público asistente as principais achegas do feminismo queer, fomentar a visibilización das identidades que transgriden as normas de xénero e se posicionan máis aló das identidades hexemónicas, binarias e complementarias, e facilitar ferramentas e estratexias pedagóxicas para promocionar o valor da diversidade sexual na ámbito educativo. Con este obxectivos, este luns e martes a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense acolle as xornadas Teoría queer e educación: da heteronormatividade á disidencia.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal