Hemeroteca

Entradas da axenda para venres 3 de novembro de 2017

venres 3 de novembro de 2017

Crue Universidades Españolas, a través de Santander Universidades, impulsa este proxecto

Crue Universidades Españolas, a través de Santander Universidades, impulsa este proxecto

Co obxectivo de mellorar a comunicación a través dos teléfonos móbiles entre as institucións universitarias e a comunidade que as integra, Crue Universidades Españolas, a través de Santander Universidades, creou unha plataforma móbil personalizada que incorpora tecnoloxía avanzada, contidos e diversos servizos. Alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo xa ten acceso a UVigo App, unha ferramenta coa que a Universidade de Vigo dá un novo paso adiante na súa transformación dixital, co obxectivo de mellorar a comunicación e axilizar a xestión da comunidade universitaria.

venres 3 de novembro de 2017

A Casa das Campás acolle o 9 de novembro a xornada ‘Eco-críticAs: palabras e imaxes’

Aberta ao público, contará con catro coloquios, unha performance e unha intervención artística

A Casa das Campás acolle o 9 de novembro a xornada ‘Eco-críticAs: palabras e imaxes’

Promover unha reflexión sobre os “posibles discursos emerxentes arredor da relación muller-natureza” nas artes, na literatura e na crítica é o propósito central de Eco-críticAs: palabras e imaxes, a xornada que o vindeiro xoves 9 de novembro acollerá a Casa das Campás no marco dun proxecto de investigación no que participan investigadoras das tres universidades galegas. Coa participación do proxecto Green Campus e da Asociación Galega da Crítica, esta xornada aberta ao público abrangue catro mesas de debate.

venres 3 de novembro de 2017

Este venres arrancou a segunda edición da iniciativa 'Follas de vida'

Escolares e maiores de San Amaro compartirán durante o mes de novembro actividades lúdicas

Este venres arrancou a segunda edición da iniciativa Follas de Vida

“Divulgar, reproducir, aprender e apreciar os antigos oficios galegos e promover as iniciativas interxeracionais que permitan as relacións entre persoas de diferentes idades, coa vontade de incrementar os seus vínculos e o coñecemento mutuo”. Con este dous obxectivos principais este venres arrancaron as II Xornadas de dinamización do medio rural. Novembro interxeracional. Follas de Vida, nas que participan o Fogar Residencial San Amaro, o CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira e a Facultade de Ciencias da Educación.

venres 3 de novembro de 2017

O alumno de Belas Artes Juan Fontaíña protagoniza unha exposición no Palacete das Mendoza

A mostra reúne unha serie de fotografías e gravados con motivos das costas do Barbanza e Pontevedra

Unha das estampas que integran esta exposición

Lugares que no pasado albergaron conserveiras, muíños, peiraos ou lavadoiros, que no seu momento quedaron sen xente e sen uso e nos que “a natureza tenta volver ocupar o seu lugar”, espazos “a medio camiño entre a non arquitectura e a non paisaxe” son algúns dos motivos que o alumno de Belas Artes Juan Fontaíña emprega como punto de partida súa reflexión e produción artística. Así acontece en A fraxilidade da memoria, a exposición que este alumno do máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación inaugura este sábado no Palacete das Mendoza.

venres 3 de novembro de 2017

No obradoiro no que se materializou a presentación en sociedade da Cátedra Fenosa

O director do World Energy&Meteorology Council ofreceu un relatorio sobre cambio climático e enerxía

O obradoiro celebrouse na sede viguesa da Fundación Barrié

Tras anos de actividade, a Cátedra Fenosa presentouse hoxe en sociedade cun obradoiro no que representantes dos ámbitos académico, empresarial e político analizaron e debateron sobre enerxía, medio ambiente e desenvolvemento, as tres temáticas arredor das que pivota a cátedra, que dirixen os docentes e investigadores da Universidade de Vigo Xavier Labandeira e Juan Antonio Añel. Ambos os dous directores foron os encargados de presentar ante as e os asistentes ao obradoiro, que se desenvolveu na sede en Vigo da Fundación Barrié, varias investigacións que están a desenvolver sobre o impacto da meteoroloxía extrema e o cambio climático na xeración de enerxía.

venres 3 de novembro de 2017

A Facultade de Dereito acolleu este venres varias conferencias sobre estas temáticas

A cargo de Víctor Moreno e José Julio Fernández

A Facultade de Dereito acolleu este venres varias conferencias sobre estas temáticas

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este venres dúas conferencias: unha primeira sobre o dereito de defensa e a presunción de inocencia, ofrecida polo catedrático Víctor Moreno, e unha segunda sobre protección de datos e transparencia, a cargo do profesor José Julio Fernández. A pesar de ser temáticas diferentes, as dúas coincidiron en dous aspectos. Por unha banda, en estar destinadas a abordar aspectos de actualidade xurídica e por outra en abordar cuestións conflitivas en canto nelas se produce un choque entre os dereitos e intereses individuais e os colectivos.

venres 3 de novembro de 2017

O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural impartiu unha charla no campus

Sitúa detrás destas elevadas cifras de mortalidade, as numerosas masas de eucaliptais “mal mantidas”

Serafín González nun intre da súa charla no edificio de Ciencias Experimentais

Os incendios forestais que hai na provincia de Pontevedra, sen ser moitas veces os máis grandes, están a ser os que provocan unha maior mortalidade. Así, nos últimos 40 anos, a taxa de mortalidade de persoas falecidas por esta causa nesta provincia –excluídos os pilotos, que non teñen que ver co risco en terra- é de 13 falecidos por millón de habitantes, cifra que descende ata os 3 mortos por mill/hab no resto de Galicia. A que se debe isto? Que está detrás desta triste realidade? Este venres visitou a Facultade de Bioloxía, convidado pola Delegación de Alumnado do centro, o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, o científico do CSIC Serafín González

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal