Hemeroteca

Entradas da axenda para xoves 2 de novembro de 2017

xoves 2 de novembro de 2017

Hai xa máis de 80 persoas inscritas e o prazo remata o día 10

A EE Forestal encargarase de coordinar a formación do alumnado, PDI e PAS participante

Monte de Pazos de Borbén, tras a vaga de incendios

Máis de 80 persoas están xa anotadas na campaña de voluntariado para a recuperación das zonas queimadas tras a vaga de incendios de hai 15 días. Esta iniciativa, coordinada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais e a Escola de Enxeñaría Forestal, busca implicar á comunidade universitaria en futuras actividades encamiñadas á protección, recuperación e seguimento dos terreos queimados. A inscrición está aberta ata o día 10 deste mes e posteriormente artellaranse grupos, medidas e lugares de actuación.

xoves 2 de novembro de 2017

Un libro coordinado por Jesús de Juana e Julio Prada aborda o papel da muller neste período en Galicia

As investigacións que recolle abranguen desde as vítimas da represión á prostitución

Un libro coordinado por Jesús de Juana e Julio Prada aborda o papel da muller neste período

Pola súa participación política, pola súa condición de nai ou muller de “esquerdistas”, por formar parte da rede de axuda aos fuxidos, por reproducir no fogar o modelo ideal do réxime de “nai e esposa”, por formar parte tamén da “orde moral” do franquismo exercendo a prostitución... No golpe militar de 1936, na Guerra Civil e no franquismo, son moitas as frontes nas que a muller xogou, dun xeito ou doutro, un papel propio. No libro Nuevas perspectivas en el estudio de la mujer durante el franquismo, un grupo de oito historiadores e historiadoras, encabezados polos profesores da Universidade de Vigo Julio Prada e Jesús de Juana, mergúllanse nese período para visibilizar a historia das mulleres no franquismo. 

xoves 2 de novembro de 2017

Relatou a experiencia de 30 anos de normalización do éuscaro en Álava

O experto afondou na necesidade de traballar coordinadamente desde diferentes ámbitos (educativo, social...)

Un intre da visita de Txerra Rodríguez ao campus de Vigo

No ano 1981 o número de falantes en éuscaro en Álava non chegaba ao 5%, hoxe, case corenta anos despois, esta cifra sitúase por enriba do 30%. Cales son os principais factores que motivaron este ascenso constante? Txerra Rodríguez, sociólogo e membro da coordinadora de servizos lingüísticos e culturais EMUN, visitou este xoves o campus de Vigo para impartir unha conferencia na Facultade de Filoloxía e Tradución na que tivo a oportunidade de relatar todo o conseguido en 40 anos de normalización e revitalización lingüística en Álava.

xoves 2 de novembro de 2017

A persoa que gañe o certame recibirá unha cámara réflex dixital

O único requisito é que as imaxes se centren en Recursos Mineiros e Enerxéticos

As persoas interesadas poder enviar imaxes ata o vindeiro día 15

Persoal da Universidade, alumnado ou público en xeral. Calquera pode participar en Enfocar.me, un novo concurso fotográfico posto en marcha pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía ao abeiro da celebración o vindeiro mes de decembro da súa patroa, Santa Bárbara. “É unha actividade máis para dar a coñecer as posibilidades e as saídas profesionais da nosa oferta académica”, explica a directora do centro, a profesora Natalia Caparrini.

xoves 2 de novembro de 2017

A cita terá lugar o sábado 4 de novembro no Edificio de Ferro

O seu obxectivo é contribuír á divulgación deste deporte

A cita terá lugar o sábado 4 de novembro no Edificio de Ferro

O Edificio de Ferro do campus de Ourense acollerá o sábado, 4 de novembro, o Torneo Activo Campus de Ourense 2017. A cita, que celebra anualmente a Asociación de Xadrez Ourensán Universitario, reunirá segundo a organización a arredor de 60 ou 70 xogadores e xogadoras de diferentes idades, estando aínda aberto o prazo de inscrición. O sistema de xogo será suízo a seis ou sete rondas en función da participación cun ritmo de 15 minutos máis tres segundos por xogada, rexéndose pola normativa FIDE que corresponde.

xoves 2 de novembro de 2017

Alumnado e titulados de Comunicación Audiovisual integran o equipo técnico de ‘Generación Wifi’

Dirixida por Julia Castro, chega a rede con versións con subtítulos, linguaxe de signos e audiodescrición

Un intre da rodaxe en CCSS e da Comunicación. Foto: Ariadna Cordal

“Lévome unha moi boa experiencia, na que aprendín moito”, recoñece a alumna de Comunicación Audiovisual Araceli Louro do seu labor como produtora de Generación Wifi, a webserie escrita e dirixida pola xornalista Julia Castro que, trala súa presentación no Teatro Principal o pasado 18 de outubro, estrease esta semana na rede con tres versións de cada un dos seus capítulos, aos que suman subtítulos, audiodescrición e interpretación en lingua de signos. “A web non é un novo mundo ao que o audiovisual está moi enfocado hoxe e no que isto é algo que non hai e que críamos necesario”, salienta desta aposta.

xoves 2 de novembro de 2017

Beatriz Gregores foi a seleccionada na categoría de creadores novos do certame da Fundación Ankaria

A obra, que constitúe o seu traballo de fin de grao, achégase ao “tabú social” da depresión

Unha das páxinas de 'Opia'

 “Un xogo de miradas, fraxilidades e vulnerabilidades, onde se fala do tabú social que é a depresión”. Deste xeito presenta a alumna de Belas Artes Beatriz Gregores Opia: un instante de fragilidad, o libro de artista que desenvolveu o pasado curso para o seu traballo de fin de grao combinando fotografía, debuxo, gravado, serigrafía ou impresión dixital cun “estilo poético de contraposicións visuais”, e que a Fundación Ankaria seleccionaba como o traballo gañador do premio a artistas novos do seu certame La Palabra Pintada.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal