Deportes

xoves 16 de novembro de 2017

A terceira das andainas deste curso celebrarase o día 18 de novembro

Arredor de 80 persoas participarán no percorrido

A terceira das andainas deste curso celebrarase o día 18 de novembro

A programación de rutas culturais que este curso organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa este sábado, 18 de novembro, cunha andaina polos ríos de Mondariz. O terceiro dos roteiros que se celebran consistirá “nun percorrido moi suave e precioso, sempre camiñando á beira do río e gozando da paisaxe da zona”, segundo explica José García-Calvo, Willy, coordinador das rutas desde o campus de Ourense. 

xoves 16 de novembro de 2017

O Pavillón Universitario acolle, os días 14 e 17, o Maratón de Zumba e o Crossfit Solidario

Os dous eventos permitirán reunir alimentos e fondos para organizacións humanitarias

O Maratón de Zumba Solidario terá lugar o 14 de decembro

Deporte e solidariedade camiñarán da man, un ano máis, nos eventos que a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade prepara para as datas previas ao Nadal. Os días 14 e 17 de decembro, o Pavillón Universitario será escenario dun maratón de zumba e dunha competición de crossfit solidarias, dirixidas tanto a comunidade universitaria como ao conxunto da cidadanía. No caso do Maratón de Zumba Solidario, o obxectivo é reunir alimentos para o comedor dos Pais Franciscanos, mentres que Crossfit Solidario combinará a doazón da cota de inscrición coa recollida de alimentos, roupa e xoguetes.

martes 14 de novembro de 2017

A iniciativa é unha das novidades da programación deste cuadrimestre no campus

Está destinado a mellorar o benestar físico e mental das participantes

Está destinado a mellorar o benestar físico e mental das participantes

Entre as novidades da programación da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo está este cuadrimestre a posta en marcha no campus de Ourense dunha iniciativa que, baixo o título Deporte e Muller, propón un programa de actividade física e exercicio dedicado exclusivamente a este colectivo. Cada semana, as mulleres interesadas poden unirse ás sesións que se desenvolven na Ludoteca e nas que nas que na actualidade se realizan actividades de solo pélvico e ioga, estando previsto a ampliación a defensa persoal.

luns 13 de novembro de 2017

O Kaleido Universidade perdeu como visitante por 54-30

Balance da temporada do equipo de carreiras de orientación

Unha das probas deste ano do equipo de carreiras de orientación

O primeiro derbi universitario da temporada na División de Honra B do rugby nacional decantouse polo lado local. O Campus Ourense Coosur impúxose por 54-30 ao Kaleido Universidade de Vigo nun encontro ao que os vigueses chegaron con sete baixas importantes. Esta fin de semana rematou tamén a liga galega de Orientación e o equipo universitario bota a vista atrás para facer balance do ano 2017.

luns 6 de novembro de 2017

55 xogadores e xogadoras déronse cita na competición de xadrez celebrada o sábado

Tamén en deportes o equipo de rugby perdeu esta fin de semana contra o UBU Colina

Marcos Lorenzo, campión do Torneo Activo Campus Ourense 2017 de xadrez

O Edificio de Ferro do campus de Ourense acolleu o sábado, 4 de novembro, o Torneo Activo Campus de Ourense 2017. A cita, que celebra anualmente a Asociación de Xadrez Ourensán Universitario, reuniu a 55 xogadores e xogadoras de diferentes idades da provincia de Ourense. Marcos Lorenzo, do Liceo, foi o gañador da competición. Tamén en deportes, o Campus Universitario Ourense Coosur sumou unha nova derrota fóra da casa e o Auriense masculino de fútbol gaélico gañou na Illa de Arousa.  

luns 6 de novembro de 2017

Os vascos son un equipo duro que presenta unha das mellores defensas do campionato

Tras unha primeira parte desastrosa, os vigueses non foron quen de remontar o partido

Cartel dos encontros disputados durante a fin de semana

A competición non da tregua e tras a gran vitoria lograda na xornada pasada fronte ao Bathco Rugby Club, o Kaleido Universidade de Vigo de Rugby recibiu este domingo na casa ao terceiro clasificado de División de Honra B, o Babyauto Zarautz RT, un dos equipos máis fortes da táboa, que compite co Bathco e co Colina Clinic de Burgos por alcanzar o primeiro posto na clasificación. Foi un partido duro no que, tras unha primeira metade desastrosa, o equipo vigués non foi quen de reaccionar, concluíndo o encontro 22-33.

xoves 2 de novembro de 2017

A cita terá lugar o sábado 4 de novembro no Edificio de Ferro

O seu obxectivo é contribuír á divulgación deste deporte

A cita terá lugar o sábado 4 de novembro no Edificio de Ferro

O Edificio de Ferro do campus de Ourense acollerá o sábado, 4 de novembro, o Torneo Activo Campus de Ourense 2017. A cita, que celebra anualmente a Asociación de Xadrez Ourensán Universitario, reunirá segundo a organización a arredor de 60 ou 70 xogadores e xogadoras de diferentes idades, estando aínda aberto o prazo de inscrición. O sistema de xogo será suízo a seis ou sete rondas en función da participación cun ritmo de 15 minutos máis tres segundos por xogada, rexéndose pola normativa FIDE que corresponde.

martes 31 de outubro de 2017

O sábado 4 de novembro celebrarase unha nova andaina universitaria

Arredor de 70 persoas procedentes dos tres campus participarán no roteiro

O sábado 4 de novembro celebrarase unha nova andaina universitaria

Se a programación de rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo arrancou o curso 2017/2018 cun percorrido o 21 de outubro polo “corazón do Ribeiro”, a segunda das proposta achegarase o sábado 4 de novembro ao “corazón da Ribeira Sacra”. Arredor de 70 ou 80 persoas, membros da comunidade universitaria e cidadáns alleos a ela, procedentes dos tres campus realizarán unha andaina polo río Mao e San Vítor de Barxacova.

luns 30 de outubro de 2017

Vitoria ante o Bathco, un dos favoritos da categoría, por 34-31

A fin de semana deixa tamén bos resultados en orientación e carreiras populares

Venceron o Bathco, un dos favoritos da categoría, por 34-31

O regreso de Tatafu foi un revulsivo para o Kaleido Universidade de Vigo Rugby Club. Tras a contundente derrota da pasada fin de semana ante o Burgos, este domingo os vigueses foron quen de sorprender a un dos principais favoritos da División de Honra B, o recentemente descendido Bathco. Os bos resultados do rugby esta fin de semana esténdense tamén ao deporte de orientación da Liga Galega e ao de carreiras populares.

luns 30 de outubro de 2017

O Campus Universitario Ourense Coosur gañou ao Uribealdea por 41-35

Con este resultado colócase no sétimo posto do seu grupo na División de Honra B estatal

O Campus Universitario Ourense Coosur gañou ao Uribealdea por 41-35. Imaxe de arquivo do equipo ourensán

O Campus Universitario Ourense Coosur continúa coa dinámica iniciada esta tempada no Grupo A da División de Honra B do rugby estatal de gañar cando xoga na casa e perder cando o fai fóra das instalacións universitarias. Esta fin de semana, o equipo recibiu ao Uribealdea e os xogadores de David Monreal conseguiron sumar unha vitoria cun marcador final de 41-35. Foi un partido moi igualado e disputado desde o principio e ata literalmente o último minuto. 

Seguinte | Última

1 de 144

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal