X Congreso de Traballos Colaborativos

Data : 20 de abril de 2018

Hora: 09.15 h

Lugar: salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais - Campus de Vigo

Asisten: Juan E. Pardo, director da Escola de Enxeñería Industrial; Santiago Gómez Fraiz, decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais; Almudena Bergareche, decana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e Luis Alonso Vázquez, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución

Décima edición do Congreso de Traballos Colaborativos, no que alumnos e alumnas de diferentes centros do campus presentan os traballos conxuntos realizados ao longo do cuadrimestre poñendo en común coñecementos de ámbitos moi distintos. Nesta ocasión participan nesta iniciativa colaborativa, coordinada polos profesores da EE Industrial José Luis González Cespón e Jose Antonio Alonso Rodríguez, estudantes da Escola da Enxeñería Industrial, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e da Facultade de Filoloxía e Tradución. 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal