Xornada: 'A transferencia de coñecemento. Achegando os resultados da I+D+i á sociedade'

Data : 17 de abril de 2018

Hora: 9.30 h

Lugar: sala de conferencias da Casa das Campás - Campus de Pontevedra

Asisten: Ángeles López, directora da Oficina de I+D da Universidade 

Dentro das actividades da Semana Internacional da Creatividade e da Innovación, a Casa das Campás acolle a xornada, dirixida aos investigadores e investigadoras do campus, A transferencia do coñecemento. Achegando os resultados da I+D+i á sociedade, que ten como obxectivo amosar á comunidade investigadora as diferentes vías que existen para facilitar o tránsito efectivo dos coñecementos xerados desde a Universidade cara á sociedade.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal