Inauguración da exposición 'Del paratexto a la paratraducción: la colección de Tintín de Pedro Rey o cuando las imágenes cobran vida'

Data : 16 de abril de 2018

Hora: 09.00 h

Lugar: vestíbulo da Facultade de Filoloxía e Tradución - Campus de Vigo

O véstibulo da Facultade de Filoloxía e Tradución acolle entre os días 16 e 27 de abril a exposición Del paratexto a la paratraducción: la colección de Tintín de Pedro Rey o cuando las imágenes cobran vida.

Organizada polo programa de doutoramento Tradución&Paratradución e o decanato da FFT, a mostra inclúe unha selección de libros en varias linguas, así como mercadotecnia relacionada cos personaxes creados por Hergé. As pezas que se amosan na exposición son propiedade do tintinólogo galego Pedro Rey, propietario dunha das maiores coleccións do mundo sobre o reporteiro, incluíndo exemplares de Tintín nos 116 idiomas ou dialectos aos que foi traducido e editado.  

Pedro Rey ofrecerá o día 25 de abril ás 11.00 horas unha conferencia no salón de actos da FFT, titulada Las lenguas de Tintín

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal