Inauguración do I Congreso Internacional de Mediación Lectora 'Mulleres de conto'

Data : 19 de abril de 2018

Hora: 16.00 h

Lugar: Pazo da Cultura - Campus de Pontevedra

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle, dentro das actividades do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, a primeira edición do Congreso Internacional de Mediación Lectora Mulleres de conto, promovido polo Concello, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e a rede temática de investigación Lijmi, do Instituto de Ciencias da Educación da USC. 

Dirixido pola profesora de Ciencias da Educación e do Deporte Eulalia Agrelo, o congreso abrirase, tralo acto inaugural, cunha conferencia da investigadora da Universidade de Vigo Isabel Mociño titulada As personaxes femininas nos contos da transmisión oral.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal