Inauguración das Xornadas Internacionais de Comunicación Institucional e Imaxe Pública

Data : 18 de abril de 2018

Hora: 9.30 h

Lugar: salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Campus de Pontevedra

Asisten: Xosé Baamonde, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, e Fernando Ramos, director das xornadas

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle a apertura do XVIII Curso Complemetario de Comunicación e Protocolo-VII Xornadas Internacionais de Comunicación Institucional e Imaxe Pública, que, con máis de 200 inscritos e inscritas, desenvolverase os días 18 e 19 nesta facultade, onde preto dunha vintena de expertos e profesionais afondan en diferentes aspectos da comunicación institucional, as relacións públicas e o protocolo. 

Tralo acto de apertura, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, será o responsable de impartir a conferencia inaugural deste curso, titulada A xestión da orde e a cortesía no Parlamento. Dirixido polo profesor Fernando Ramos, estas xornadas, que poden seguirse en directo a través de UVigo-TV, contan co patrocinio da Secretaría Xeral de Medios da Xunta, Parlamento de Galicia e Deputación de Pontevedra, xunto con Galicia Calidade e Terras Gauda, cuxos representantes serán agasallados con sendos diplomas que lles recoñecen como 'profesores de honra' tralo acto de apertura.   

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal