Data : 17 de abril de 2018
Hora: 12.00 h
Lugar: entrada do comedor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Campus de Pontevedra
Asisten: Xosé Baamonde, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación; Juan Picos, delegado de transferencia e emprendemento do Campus Crea S2i, e Pedro Figueroa, organizador da exposición
No marco das actividades da Semana Internacional da Creatividade e da Innovación, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle unha mostra integrada por unha serie de 30 paneis nos que preto de 150 estudantes dos tres graos que se impaten nesta facultade plasmaron as ideas de novos produtos que desenvolveron en diferentes materias impartidas por Pedro Figueroa.