Inauguración da exposición 'Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar'

Data : 16 de abril de 2018

Hora: 10.00 h

Lugar: Casa das Campás - Campus de Pontevedra

Asisten: Manuel Morquecho, director da Área de Extensión Cultural do campus, e María Álvarez Lires, comisaria da exposición

No marco das actividades da Semana Internacional da Creatividade e da Innovación, a Casa das Campás acolle a inauguración da exposición Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar, unha mostra comisariada pola profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte María Álvarez Lires, que reúne unha escolma de fotografías, de 1917 á actualidade, de mulleres que traballaron ou traballan en diferentes sectores vinculados co mar.

Promovida coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Campus de Excelencia Internacional-Campus do Mar e a Unidade de Igualdade da Universidade, a exposición que xa puido verse nos tres campus da Universidade permanecerá na Casa das Campás ata o 21 de maio.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal