Xornada Preven-T de promoción de hábitos saudables desde as primeiras etapas da vida

Data : 18 de abril de 2018

Hora: 09.30 h

Lugar: Edificio Miralles, praza Miralles s/n - Campus de Vigo

Mozas mozos, persoal técnico, profesionais da saúde e da actividade física e do deporte e calquera persoa interesada pode participar na Xornada Preven-T que se celebra no edificio Miralles do campus de Vigo.

Organizada pola Universidade de Vigo e o Injuve, a xornada de promoción de hábitos saudables desde as primeiras etapas da vida inclúe a celebración de mesas cardiosaudables, unha sesión plenaria e obradoiros simultáneos nos que se abordarán cuestións como a xestión das emocións para o coidado da saúde, como facer deporte de xeito seguro e saudable ou a lectura das etiquetas de xeito cardiosaudable.

A presentación institucional terá lugar ás 11.00 horas.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal