Augal 2017-2018. Sesión de clausura

Data : 18 de abril de 2018

Hora: 16.00 h

Lugar: salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Campus de Pontevedra

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle a sesión de clausura da Máster Class Audiovisual Galego Augal, que coordinan os profesores Miguel Anxo Fernández, Paulino Pérez e Fortunato Rodríguez, co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

A sesión abrirase coa conferencia É literatura o guión cinematográfico?, a cargo do director e guionista Miguel Barros, trala que, ás 18.00 horas e coa participación do director da Agadic, Jacobo Sutil, terá lugar a entrega de diplomas ao alumnado inscrito nesta máster class.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal