Carreira HappyGoRunning-Cidade Universitaria

Data : 22 de abril de 2018

Hora: 11.00 h

Lugar: Instalacións deportivas do campus - Campus de Vigo

A carreria HappyGoRunning-Cidade Universitaria é unha iniciativa do Servizo de Benestar, Saúde e Deporte. Esta actividade deportiva está dividida en varias modalidade de competición, sendo a principal a carreira de 10 km. Polo mesmo circuíto desenvólvese tamén a modalidade de 6km e, paralelamente ten lugar unha andaina de 10 km pola contorna do campus.

A saída da andaina será ás 09.30 horas dende a praza Miralles e con media hora de antelación pódense recoller as acreditacións no Teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria. Para a carreira, que se inicia ás11.00 h, as acreditacións poden retirarse no mesmo sitio, pero de 09.30 h a 10.30 h.
 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal