Presentación da exposición 'Sen Moldes'

Data : 15 de febreiro de 2018

Hora: 12.00 h

Lugar: Primeiro andar da Facultade de Belas Artes (corredor de acceso á Decanato) - Campus de Pontevedra

Asisten: Mar Caldas, profesora da Facultade de Belas Artes e comisaria da exposición, e o alumnado participante na mostra

A Facultade de Belas Artes acolle a presentación da exposición Sen Moldes. Comentarios fotográficos sobre os xéneros, que reúne fotografías realizadas polo alumnado de Belas Artes no marco dun traballo para a materia Técnicas fotográficas, na que se lle propuxo elaborar imaxes que reflexionasen sobre a orde sexual imposta, contrapoñéndolle visións críticas, discrepantes, anovadoras, creativas ou mesmo paradoxais.

A mostra, que reúne un total de 18 propostas e conta co patrocinio da Unidade de Igualdade da Universidade, exhibiuse previamente nos campus de Vigo e Ourense e preséntase agora nos corredores do primeiro andar da facultade.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal