Ciclo de cine 'Polas súas obras coñecerédelos'

Data : 16 de febreiro de 2018

Hora: 19.15 h

Lugar: sala de conferencias da Casa das Campás - Campus de Pontevedra

A Casa das Campás acolle a proxección do filme Johnny Guitar (1954), de Nicholas Ray, nunha nova sesión do ciclo de cine de primavera da Vicerreitoría do campus Polas súas obras coñecerédelos. A través de once proxeccións e dous relatorios, este ciclo de proxeccións, con entrada libre, céntrase en como a historia do cinema abordou a idea das personaxes con conflitos internos, que se opoñen a colectivos ou comunidades. 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal