Inauguración da exposición 'The private case'

Data : 11 de xaneiro de 2018

Hora: 12.00 h

Lugar: Sala X. Facultade de Belas Artes - Campus de Pontevedra

Asisten: Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do campus de Pontevedra; Silvia García, decana da Facultade de Belas Artes, e a a artista María Prada

A Sala X acolle a inauguración da exposición The private case, na que artista e investigadora da facultade María Prada reflexiona sobre o acceso reservado nas bibliotecas a determinados fondos bibliográficos, entre os que adoitan estar incluídos nos libros de artista. A mostra, que pon en relación a práctica artística coa investigación que desenvolve para a súa tese de doutoramento, poderá visitarse neste espazo expositivo ata o 21 de febreiro.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal