Apertura en Vigo da exposición 'Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar'

Data : 10 de xaneiro de 2018

Hora: 11.00

Lugar: Edificio de Ciencias Experimentais - Campus de Vigo

Tras o seu paso pola Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte chega a Vigo a exposición Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar,  unha mostra que forma parte do proxecto Sustentabilidade en feminino e que ten como obxectivo amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos mares. 

A mostra conta cun total de 40 fotografías que datan dende os inicios do s. XX ata a actualidade e cunha propia páxina web onde se pode visionar as testemuñas destas mulleres relacionadas co mundo marítimo: salgadura, conserva, redeiras, mariscadoras...

O proxecto Sustentabilidade en feminino está coorganizado pola Deputación Provincial de Pontevedra, a Unidade de Igualdade  da Universidade de Vigo e o Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar, coa colaboración do Museo Massó.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal