Augal 2017-2018. 'Curtas na rede'

Data : 15 de novembro de 2017

Hora: 16.00 h

Lugar: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Campus de Pontevedra

A sétima edición da Máster Class Audiovisual Galego Augal, que coordinan os profesores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Miguel Anxo Fernández, Paulino Pérez e Fortunato Rodríguez, co patrocinio da Agadic, dá comezo coa sesión Curtas na rede, na que se proxectarán as curtametraxes Matria, Share o no share e Aadat.

A proxección verase complementada cun coloquio cos seus directores, Álvaro Gago, Juan Hervella e Xisela Franco, nunha sesión presentada pola profesora Diana Ramahí.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal