Xornadas profesionais GÁLIX

Intercambio de experiencias entre profesionais da creación e das bibliotecas: O catálogo de Boloña, un recurso

Data : 14 de novembro de 2017

Hora: 10.50

Lugar: salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución - Campus de Vigo

Asisten: Luis Alonso Bacigalupe, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, e Xosé Antonio Perozo, presidente de Gálix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil

O salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución acolle as Xornadas profesionais GÁLIX, concibidas como un intercambio de experiencias entre profesionais da creación e das bibliotecas. 

Tras a inauguración das xornadas terá lugar a mesa redonda Un catálogo en Boloña. Tarxeta de visita da LIX galega, moderada pola profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución, Ana Luna, e na que participarán Ledicia Costas, escritora; Montse Pena, crítica literaria e profesora da USC; Mercedes Pacheco, tradutora, revisora e correctora, e Francisco Castro, escritor e director xeral da Editorial Galaxia.

Esta actividade está organizada polas investigadoras de Bitraga (Biblioteca da Tradución Galega), co apoio económico da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais xunto con GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal