Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Conferencia de Sabela Gago

Data : 7 de novembro de 2017

Hora: 18.00 h

Lugar: sala Emilia Pardo Bazán, soto do Edificio de Ferro - Campus de Ourense

A terceira edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, coordinado desde a Facultade de Ciencias da Educación pola docente Isabel Mociño, pecáhse cunha conferencia de Sabela Gago sobre literatura infantil e dramatización. A edición deste curso do ciclo está dedicada ao teatro e as súas potencialidades na Educación Infantil, contando con seis conferencias doutros tantos expertos e expertas nesta temática. As sesións son abertas a todas as persoas interesadas, con asistencia de balde.  

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal