Proxección do filme 'El manuscrito Vindel'

Data : 9 de novembro de 2017

Hora: 13.00 h

Lugar: salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución - Campus de Vigo

O salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución acolle a proxección do filme El manuscrito Vindel, que será presentada pola profesora da Universidade de Santiago de Compostela Mariña Arbor.

Este filme recolle a historia de Pedro Vindel, un dos libreiros máis importantes do pasado século,  desde a súa infancia na pequena vila de Olmeda de la Cuesta ata o achado do célebre manuscrito coas sete cantigas de amigo do trobador galego Martin Codax.

Este film, producido por Linterna Producciones, foi dirixido polos descendentes do propio Pedro Vindel, José Manuel Fernández Jardón Víndel (bisneto) e Luis Alejandro Fernández Jardón (tataraneto).

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal