Martes Saudables no Edificio Politécnico

Data : 7 de novembro de 2017

Hora: 12.00 h

Lugar: entrada do Edificio Politécnico - Campus de Ourense

Os postos dos Martes Saudables, destinados a fomentar a saúde integral da comunidade universitaria, continúan o seu percorrido cuadrimestral polos tres campus da Universidade de Vigo cunha sesión no Edificio Politécnico. Neles, as persoas interesadas poderán, entre outras cousas, informarse sobre temas de deporte, sexualidade e alimentación ou someterse ás diferentes probas de enfermaría dispoñibles, como medición da tensión e identificación do grupo sanguíneo.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal