Data : 9 de novembro de 2017
Hora: 10.00 h
Lugar: Casa das Campás - Campus de Pontevedra
A Casa das Campás acolle a xornada Eco-críticAs: palabras e imaxes, inserida no proxecto de investigación Eco-Ficcións: discursos emerxentes sobre mulleres e natureza en Galicia e Irlanda, que coordina a investigadora da USC Manuela Palacios e no que participan investigadoras das tres universidades galegas.
Coa participación do proxecto Green Campus e da Asociación Galega da Crítica, esta xornada aberta ao público abrangue catro mesas de debate, unha performance, unha exposición con proxectos desenvolvidos por investigadoras do grupo ES2, de Belas Artes,e a intervención que o artista Ash Santos realizará na sede da Vicerreitoría con materiais de refugallo.