Xornadas 'Teoría Queer e educación: da heteronormatividade á disidencia'

Data : 6 de novembro de 2017 Ata 7 de novembro de 2017

Hora: 11.00 h

Lugar: sala Emilia Pardo Bazán, soto do Edificio de Ferro - Campus de Ourense

A Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense acolle os días 6 e 7 de novembro as xornadas Teoría Queer e educación: da heteronormatividade á disidencia. Organizadas polo Grupo Sexualidade, Xénero e Saúde coa colaboración da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a cita ten como obxectivo aproximar ao alumnado e público asistente as principais achegas do feminismo queer, fomentar a visibilización das identidades que transgriden as normas de xénero e se posicionan máis aló das identidades hexemónicas, binarias e complementarias, e facilitar ferramentas e estratexias pedagóxicas para promocionar o valor da diversidade sexual na ámbito educativo.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal