Charla-Coloquio Parlamento de Galicia

Data : 6 de novembro de 2017

Hora: 11.00 h

Lugar: salón de graos do Edificio Xurídico-Empresarial - Campus de Ourense

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolle a Charla-Coloquio Parlamento de Galicia. A iniciativa enmárcase nunhas sesións divulgativas organizadas pola Presidencia do Parlamento en colaboración coa Asociación de Ex Parlamentarios/as que teñen como obxectivo espallar os valores da democracia entre a xente nova, amosando o traballo que se desenvolve na institución representativa do pobo galego. Na sesión celebrada en Ourense participarán Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia;  Tomás Pérez, ex presidente do Parlamento de Galicia; Alberte Xullo Rodríguez, vicepresidente da Asociación de Ex Parlamentarios/as do Parlamento, e Ismael Rego, vogal da Asociación de Ex Parlamentarios/as. Acto aberto ás persoas interesadas. 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal