Semana da Ciencia no Cinbio

Data : 13 de novembro de 2017 Ata 14 de novembro de 2017

Hora: 10.00

Lugar: Cinbio - Campus de Vigo

Co gallo da celebración da Semana da Ciencia, os días 13 e 14 de novembro visitarán as instalacións do Cinbio preto dun cento de estudantes dos centros de formación profesional Aloya e Colegio Vivas de Vigo. O alumnado poderá participar en diferentes obradoiros organizados polo persoal investigador do centro en áreas como neurofisioloxía, inmunoloxía e química. Antes do inicio dos obradoiros, as e os estudantes será recibidos pola directora do Cinbio, África González.

As visitas comezarán ás 10.00 horas e rematarán ás 14.00. 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal