Conferencia de Ángel Carracedo titulada 'CSI made in Galicia'

Data : 16 de novembro de 2017

Hora: 12.15 h

Lugar: salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais - Campus de Vigo

Dentro das actividades programadas pola Facultade de Bioloxía para celebrar o seu patrón, San Alberte, o centro acolle a conferencia do catedrático de Medicina Legal da USC Ángel Carracedo titulada CSI made in Galicia. Carracedo é director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o Centro Nacional de Xenotipado-ISCIII. A súa intervención será presentada polo catedrático de Xenética da Universidade de Vigo David Posada.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal